Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.821

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se modifica a do pasado 19 de xuño pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Por Orde do 19 de xuño de 2002 (DOG nº 199, do 21 de xuño) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normas concordantes, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Engadir na relación de vacantes o posto que figura como anexo a esta orde.

Segundo.-Na páxina 9.688, anexo I, posto 1.103, código ED.C99.40.050.32090.003, subalterno do C.E.F.O.R.E.S., no Barco de Valdeorras, na columna de observacións, deberá engadirse «xornada partida».

Terceiro.-Na páxina 9.700, anexo III, base II.4.1.b), onde di: «superior a 40 e inferior a 75 horas», debe dicir: «superior a 40 e igual ou inferior a 75 horas».

Cuarto.-A data límite para a presentación das instancias no concurso coincidirá co último día dos 15 hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Nº: 1415.

Código (1): AS.C03.00.002.15770.021.

Denominación: xefe de sección, equipamentos e promoción de accesibilidade.

Niv.: 25.

Espec.: 7.606,08.

GR: ABC.

(2): X.

C. direct.: D.X. do Maior e Persoas con Discapacidade.

C. desrino: S.X. de Atención a Persoas con Discapacidade.

Concello: Santiago de Compostela.

Titulación:

Formación:

Observacións:

(3): 4,6.

(1) Os dous primeiros caracteres do código de posto fan referencia á consellería.

(2) Corpo/escala (X) Admón. xeral, (X/E) Admón. xeral/especial, (A11) Admón. xeral. Aberto a func. Da Xunta de Galicia, Admón do Estado ou Admón das CC.AA.

(3) Puntuación mínima requirida para adxudica-lo posto ofertado