Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.823

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 7 de xuño de 2002 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e no art. 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde funcionarios con destino noutra administración pública, ou que presten servicios nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días se considerará favorable, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlles os postos para os que foron seleccionados.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado

non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidde Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitava.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa públicación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Código: IC.C03.00.001.15770.001.

Denominación posto: subdirector xeral de Administración Industrial.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipos de posto: S.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A.

Nivel: 30.

C. específico: 14.777,52 A.

Formación específica: 523 (diploma de directivo).