Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.825

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 19 de xuño de 2002 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente (rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un currículun vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira en que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un funcionario/a con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicio, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Código: MA.C99.10.301.15001.002.

Denominación do posto de traballo: director Espacios Naturais.

Centro directivo: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A.

Nivel: 26.

Específico: 724,39 euros.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 9.824.