Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan trámites de audiencia pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Mª Carmen Pereira Moreiras).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse trámites de audiencia pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent.-Ourense en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de maio de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Mª Carmen Pereira Moreiras.

DNI 34571163R.

Av. Habana, 5-1º Ourense.

Procedemento:

Trámite sucesións.

Expediente: 127/96.