Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Fernández Díaz, Rosalía e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 130/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola oficina liquidadora do Distrito Hipotecario de Mondoñedo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con domicilio na avenida San Lucas 9, Mondoñedo, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de maio de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Fernández Díaz, Rosalía (76522193-C); r/ Mosteiro de Caaveiro 1-8º D2 (edificio Casablanca), A CoruñaImposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 1414/00; liquidación nº 600702518255.

Fernández López, Horacio (33817075-Z); r/ Río Landro 16-3º F, Burela (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 1929/99; liquidación nº 600900028488.