Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan acordos de imposición de sancións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Montes Pensado, Félix e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición de sancións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na Ronda da Muralla nº 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de maio de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Montes Pensado, Félix

76899783-L

Ronda do Carme 56, 1º D, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción; exp. 315/02-Z; liquidación nº 000020002427

González Fernández, Antonio

11363282-V

R/ Padre Aller 14, 4ºC, Oviedo, Asturias

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción; exp. 114/02-Z; liquidación n º 000020000788

Rodríguez Fernández, Fco. Javier

34931858-K

Fornelos, O Barco de Valdeorras, Ourense

Imposto sobre sucesións e doazóns; acordo de imposición de sanción; exp. 98/02-Z; liquidación nº 000020000700

InteresadoProcedemento

Illán Veiga, Mónica

33320534-C

R/ Serra de Outes 45, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; acordo de imposición de sanción; exp. 64/02-Z; liquidación nº 000020000425