Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona un requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez-Carro y Fole, María Aurora).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase un requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na Ronda da Muralla nº 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de maio de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Pérez-Carro y Fole, María Aurora

33319579-P

Avd. Ramón Ferreiro 29, 1º D, Lugo

Providencia de constrinximento nº 1270113295; requirimento para a presentación do escrito de interposición do recurso asinado