Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

02/030.02. 9.833

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave LU/02/027.02 e dúas máis.

a) Obra.

1. Reforzo do firme con mestura asfáltica en quente, sinalización e balizamento na LU-634 de Samos a Pedrafita. Treito: Liñares-Pedrafita.

Clave: LU/02/027.02.

Orzamento: trescentos setenta e seis mil trescentos corenta e seis euros con setenta e sete céntimos (376.346,77 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Saneamento e reposición de pavimentos drenantes, rexeneración da capa de rodadura en distintos treitos da C-546 e da CRG-22. Lugo.

Clave: LU/02/033.02.

Orzamento: setecentos vintedous mil seiscentos setenta e sete euros con noventa céntimos (722.677,90 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Reforzo do firme na estrada LU-132 de Lourenzá-Vilafernando, p.k. 0+000/10+840, treito: Lourenzá-Trabada.

Clave: LU/02/043.02.

Orzamento: seiscentas setenta e catro mil novecentos cinco euros con setenta e dous céntimos (674.905,72 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda