Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

02/030.02. 9.833

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave AC/02/022.02 e tres máis.

a) Obra.

1. Reforzo do firme na C-552 A Coruña-Fisterra e na AC-410 A Coruña-Os Baños de Arteixo.

Clave: AC/02/022.02.

Orzamento: oitocentos mil euros (800.000 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e).

Garantía provisional: non se esixe.

2. Reforzo do firme na C-543, camiño de Santiago a Noia, p.k. 12+200 ó p.k. 21+300. Os Ánxeles-Urdilde (Martelo).

Clave: AC/02/023.02.

Orzamento: seiscentos catro mil novecentos oitenta e un euros con cincuenta e seis céntimos (604.981,56 A).

Prazo de execución. 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e).

Garantía provisional: non se esixe.

3. Alargamento e reforzo do firme na AC-402, treito: Bazar-Santa Comba e na AC-403, treito: Paxareiras-Muros.

Clave: AC/02/036.02.

Orzamento: un millón cento oitenta mil euros (1.180.000 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Alargamento e reforzo do firme na AC-130, treito: Ares a Mugardos, do p.k. 0+000 ó p.k. 4+281.

Clave: AC/02/035.02.

Orzamento: cincocentos catorce mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (514.999,99 A).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion e en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía defintiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda