Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/56-2, 5838 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Trasbar.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 1,003 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. de Trasbar e final en C.T. do Amido. L.M.T. aérea a 20 kV con 0,268 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. do Amido e final en C.T. de Belén. 2 C.T.I. de 50 kV de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea a 1,010 km de lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. de Trasbar. L.B.T. aérea con 0,755 km de lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. do Amido. L.B.T. aérea con 1,36 km de lonxitude conductor tipo R.Z e orixe en C.T. de Belén.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo