Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Pizarras Trevinca, S.A.

Domicilio social: O Trigal-Sobradelo, 32337 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: L.M.T. a C.T. Pizarras Trevinca, S.A.

Situación: Casaio-Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 836 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. propiedade de Unión Fenosa, S.A. O Barco-Casaio e remata no C.T. existente no lugar de Ariola con 315 kVA, autorizado no expediente 1419 A.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense