Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 15/2002 ALM, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do inicio do expediente sancionador nº 15/2002 ALM, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 11 de abril de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Nº 15/2002 ALM.

Denunciado: Orivigo, S.L.

Derradeiro enderezo coñecico: r/ Marqués de Valterra nº 17, concello de Vigo.

Feito denunciado: materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2.2º.2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

* Artigo 3, punto 1º, capítulo I punto 1º, punto 2º b) capítulo V a) b) do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

* Artigo 3 punto 5º.5.1, punto 6º.6.1, punto 7º.7.1 e 16º.16.1 do título I do Real decreto 706/1986, do 7 de marzo, da Presidencia do Goberno, pola que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións de almacenamento (non frigorífico) de alimentos e productos alimentarios.-Precepto sancionador: artigo 35. a) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.-Sanción imposta: 450 euros.