Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican senllas resolucións de recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Cualedro-Carzoá-Vilela (Cualedro-Ourense), devoltas polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por seren devoltas polo servicio de correos, notifícaselles ós interesados, que teñen os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos I e II, a parte dispositiva da resolución dos recursos de alzada interpostos por Jesusa Fernández Álvarez e Argimiro Rodríguez Justo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Cualedro-Carzoá-Vilela (Cualedro-Ourense).

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Jesús Camilo Salgado Estévez.

Domicilio: avda. de Portugal nº 64-3º C, 32002 Ourense.

Texto: «Estimar en parte o recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Cualedro-Carzoá-Vilela (Cualedro-Ourense), interpuxo Jesusa Fernández Álvarez, propietaria nº 243, no senso de:

1. Detraer da ficha de atribucións de descoñecidos, propietario nº 1000, os predios nº 1357 e 1587, que pasarán a integrarse na relación de terras sobrantes.

2. En compensación, detraer da relación de terras sobrantes o predio nº 2043, cun valor de 259.500 puntos e unha superficie de 95-00 áreas, que pasará a integrarse na ficha de atribucións de descoñecidos, propietario nº 1000.

3. Permuta-lo predio nº 1910, de Jesús Camilo Salgado Estévez, propietario nº 723, polo predio nº 1894, procedente da relación de terras sobrantes, cunha superficie de 15-00 áreas e un valor de 90.000 puntos.

4. Corrixi-la ficha de atribucións de Jesusa Fernández Álvarez, propietario nº 243, á que ademais se lle farán as seguintes modificacións:

-Detraer da súa ficha de atribucións os predios nº 1790 e 1817.

-En compensación, atribuírlle os predios nº 1357 (cunha superficie de 30-00 áreas e un valor de 165.000 puntos), nº 1587 (cunha superficie de 9-50 áreas e un valor de 85.500 puntos) e nº 1941 (cunha superficie de 57-60 áreas e un valor de 432.000 puntos).

-Modifica-la configuración do predio nº 1911, que quedará cunha superficie de 1-17-75 ha e un valor de 810.825 puntos, desaparecendo o predio nº 1910.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente, acompañando copias dos planos e das fichas de atribucións».

ANEXO II

Destinatario: Luís Rodríguez Atanes.

Domicilio: Cualedro-Cualedro (Ourense).

Texto:«Estimar en parte o recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Cualedro-Carzoá-Vilela (Cualedro-Ourense) interpuxo Argimiro Rodríguez Justo, propietario nº 660, no senso de modifica-la configuración dos predios nº 468 e 469, de Luís Rodríguez Atanes, propietario nº 636, e de Argimiro Rodríguez Justo, propietario nº 660, respectivamente, na forma establecida nos planos que se achegan, sen que por iso varíen nin as súas correspondentes superficie nin os seus valores en puntos.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de 2 meses contados a partir

da recepción da presente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente, acompañando copias parciais dos planos».