Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de servidores en rack e da ampliación do sistema de discos symmetrix 3830 do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de servidores en rack e ampliación do sistema de discos symmetrix 3830 do CIXTEC.

b) Número de unidades que se entregarán: o indicado no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: CIXTEC, rúa Ramón Piñeiro nº 27, 15702 Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 15 días naturais desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos corenta e seis mil euros (546.000 A), IVE incluído.

Importe por lotes:

Lote nº 1: 231.000 A.

Lote nº 2: 170.000 A.

Lote nº 3: 145.000 A.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación:

Lote nº 1: 4.620 A.

Lote nº 2: 3.400 A.

Lote nº 3: 2.900 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

3) Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: día 20 de maio de 2002.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable