Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria (3ª) para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares.

Rematados os prazos establecidos nas dúas convocatorias autorizadas por resolucións da Presidencia de Portos de Galicia do 30 de maio de 2000, publicada no DOG nº 109, do 6 de xuño, en primeira convocatoria; así como na Resolución do 10 de xaneiro de 2001, publicada no DOG nº 12, do 17 de xaneiro, en segunda convocatoria, para a presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares, e atopándose vacantes prazas de amarre tras realizarse as preasignacións correspondentes ás solicitudes admitidas nesta convocatoria, se anuncia, de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, a apertura dunha nova convocatoria pública para a presentación de

solicitudes para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre no porto de Ares, por período de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerán polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6ª, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia