Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

O Pleno do concello na sesión do 6-6-2002, acordou:

«Primeiro.-Consonte co disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e co fin de proceder á ordenación ou reforma de determinadas áreas, a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e

proceder á suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas seguintes áreas do territorio municipal:

Zona 1. A definida por un círculo de 100 m de raio con centro na intersección do acceso central á estrada nacional 120 coa vía do ferrocarril (grafada no plano 1).

Zona 2. No treito grafado do acceso leste (plano 1).

Zona 3. Terreos necesarios para o acceso ó polígono da Raña desde a estrada nacional 120 no núcleo da Proba (grafada no plano 1).

Zona 4. A delimitación do núcleo antigo do núcleo do Barco de Valdeorras (grafada no plano 1).

Zona 5. Os núcleos tradicionais periféricos e/ou absorbidos polo crecemento dos núcleos do Barco de Valdeorras e Viloira (A Proba, Veigamuíños, Termiñá, Veigadecabo, zona antiga de Viloira e As Cortes) (grafada no plano 1 e 2).

Zona 6. O núcleo urbano de Vila do Castro e o seu contorno (grafada no plano 2).

Zona 7. As zonas previstas de afección dos sistemas xerais e o seu contorno, incluso as glorietas situadas unha no cruzamento da rúa Arroio Mariñán coa rúa Arenas e outra en prolongación rúa Río Miño con Arroio Mariñán (grafadas nos planos 1 e 2).

Zona 8. As zonas actuais dos sistemas xerais establecidos polas vixentes N.S.P.M. e o seu contorno (grafados no plano 1).

Zona 9. Os ríos e os regatos dos seus bordos grafados nos planos 1 e 2 e que atravesan O Barco de Valdeorras. No regato Cegoño os bordos serán aqueles que definen o plan de canalización aprobado.

Zona 10. Os solos rústicos de protección grafados no plano 2.

Zona 11. O cemiterio municipal e o seu contorno (grafado no plano 1).

Zona 12. A Casa Grande de Viloira e o seu contorno (grafada no plano 1).

Segundo.-Se dentro do prazo de suspensión de licencias se producise o acordo de aprobación inicial, a suspensión manterase para todas aquelas áreas do territorio nas que as novas determinacións de planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística.

Terceiro.-Publicar este acordo no BOP, DOG e nun xornal dos de maior difusión».

O que se fai público en cumprimento do establecido no citado precepto.

O Barco de Valdeorras, 10 de xuño de 2002.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde