Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

BASES que rexerán na convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de dúas prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal deste concello.

1. Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso-oposición de dúas prazas de gardas da policía local, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: policía local, categoría: garda, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984 e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados no orzamento deste exercicio económico.

2. Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español ou nacional doutro Estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non excede-la idade de 30 anos.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grado ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes homes e de 1,65 metros as mulleres.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o exercicio das funcións de policía local.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A1, B e BTP.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións física e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas propias da actividade que se vai desempeñar, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos enumerados deberán ser referidas á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

3. Presentación de instancias.

1. As instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas ó alcalde-presidente da corporación ben directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2. As instancias uniranse os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI.

b) Xustificante do pagamento dos dereitos de exame na contía que se fixa en 18,03 euros.

c) Certificado médico de aptitude física.

d) Fotocopia dos permisos de conducir.

e) Aboamento das taxas poderá efectuarse mediante pagamento directo na Tesourería Municipal, por xiro postal ou transferencia bancaria.

Os aspirantes deberán engadir á instancia a relación dos méritos que aleguen e os documentos xustificativos correspondentes, ben en orixinal ou fotocopia autenticada e que serán cualificados na fase de concurso.

4. Admisión de aspirantes.

a) Rematado o prazo de presentación de solicitudes o alcalde-presidente dictará resolución, no prazo máximo dun mes, aprobando a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, con indicación do prazo de reclamacións nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, para os aspirantes excluídos.

Se houbese reclamacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución aprobatoria da lista definitiva que se fará pública na forma antes indicada, contra esta resolución só cabe, se é o caso, interpor recurso contencioso-administrativo.

b) O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza os interesados a posesión dos requisitos esixidos nas probas selectivas derivadas da presente convocatoria. Cando da documentación que deba presentarse -no caso de supera-lo procedemento selectivo- se desprenda que non posúe algún dos requisitos esixidos para participar, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador do proceso selectivo designarase de conformidade co disposto na Lei 3/1992, do 23 de marzo, Decreto 112/1995, do 20 de abril e Decreto 204/2000, do 21 de xullo, sendo a súa composición a seguinte:

Presidente: o alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia (nomeado a través da Academia Galega de Seguridade).

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

Un funcionario de carreira da policía local (nomeado pola alcaldía).

Un representante do sindicato con máis representación no concello.

Secretario: o da corporación ou quen legalmente o substitúa.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e no taboleiro de anuncios da casa do concello, cun mes de antelación ó comezo das probas, como mínimo.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo á autoridade convocante cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír, nin actuar sen a presencia, cando menos da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas.

Para os efectos da percepción de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nos procesos selectivos terán as categorías que establece o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, actualizadas por Resolución do 22 de marzo de 1993.

6. Comezo das probas e orde de actuación.

As probas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza no BOE o anuncio da convocatoria. Un mes antes como mínimo anunciarase no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, o día, o lugar e a hora a que terá lugar o primeiro deles.

Os aspirantes serán convocados en chamamento único -salvo casos de forza maior- debidamente xustificados e apreciados polo tribunal.

Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI ou documento que o substitúa.

A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, farase por orde alfabético segundo a primeira letra do apelido, comezando pola letra T conforme a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

7. Sistema de selección.

A selección dos aspirantes farase polo sistema de concurso oposición e constará de tres fases: fase de concurso, probas selectivas e curso de formación na Academia Galega de Seguridade polo período dun tempo que determine con carácter xeral este organismo.

Fase de concurso.

Nesta cualificaranse os méritos persoais de cada aspirante, de acordo co seguinte baremo.

a) Desenvolvemento do posto de auxiliar de policía ou policía local no Concello de Cee, 0,75 puntos por mes traballado.

b) Desenvolvemento do posto de auxiliar de policía ou policía local noutro concello, 0,01 puntos por mes traballado.

c) Ter superado probas selectivas en procesos anteriores neste ou noutros concellos, 0,01 puntos por proba superada.

Probas selectivas.

Constarán dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio: consistirá na medición dos aspirantes, comprobada a estatura mínima esixida e examinados os certificados médi

cos presentados pasarase a realización das probas de:

1. Salto de altura, debendo o aspirante supera-lo listón colocado a unha altura de 1,20 m para os aspirantes masculinos e colocado a 1,10 m para as aspirantes femininas.

2. Salto de lonxitude en carreira cun mínimo de 3,50 m para os aspirantes masculinos e de 3 m para as aspirantes femininas.

3. Salto de lonxitude sen carreira, cun mínimo de 2 m para os aspirantes masculinos e de 1,5 m para as aspirantes femininas.

4. Carreira de 100 m lisos, cun tempo máximo de 15 segundos para os aspirantes masculinos e de 17 segundos para as aspirantes femininas.

Para a realización desas probas -excepto a de carreira-permitiranse dous intentos.

A cualificación deste exercicio será a de apto ou non apto. Serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñen.

Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito, consiste en desenvolver por escrito no tempo máximo de dúas horas, dous temas: un comprendido entre os números 1 ó 12, ámbolos dous inclusive e outro comprendido entre os números 13 ó 24, ámbolos dous inclusive, do programa anexo.

Os temas serán elixidos ó chou polo tribunal inmediatamente antes do seu inicio.

Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Terá dúas partes:

1ª Consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación, rodaxe, infraccións de ordenanzas, bandos, etc.).

2ª Consistirá na exposición dun tema proposto polo tribunal que demostre o coñecemento do termo municipal a nivel físico, socioeconómico e poboacional.

O tempo máximo para a súa realización será de dúas horas.

O 2º e 3º exercicio serán cualificados de 0 a 10 puntos sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de 5 puntos.

Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito. Consistirá na traducción do castelán para o galego dun texto que sinale o tribunal nun tempo máximo de 30 minutos. Será cualificado de 0 a 5 puntos.

A cualificación final será o resultado de suma-los puntos obtidos por cada aspirante nas dúas fases de selección. A orde de cualificación definitiva estará determinada pola maior puntuación obtida no conxunto.

8. Desenvolvemento do proceso selectivo.

Os aspirantes poderán realiza-los exercicios á súa elección, en calquera das dúas linguas oficiais galego ou castelán.

Os exercicios escritos que se realicen poderán ser lidos publicamente, se así se acorda, diante do tribunal.

A publicación dos anuncios de realización do 2º exercicio e sucesivos faraa o tribunal no taboleiro de anuncios da casa do concello.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios publicaranse así mesmo no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Entre o final dunha proba ou exercicio e o comezo da seguinte, deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 45 días.

9. Relación de aprobados, presentación de documentación.

Rematada a cualificación dos aspirantes o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na lexislación vixente, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, este deberá presentar no rexistro da corporación, no caso de que non fosen achegados coa solicitude, os seguintes documentos:

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións.

f) Fotocopia autenticada do permiso de conducir, o cal debe incluí-las clases que se indican.

g) Quen tivese a condición de funcionario público estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu nomeamento, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependa, que acredite tal condición e os documentos non achegados para o seu anterior nomeamento.

10. Nomeamento e toma de posesión.

Concluído o proceso selectivo e achegados os documentos solicitados, a Alcaldía de acordo coa proposta do tribunal cualificador procederá ó nomeamento de funcionarios en prácticas, debendo supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira. De non supera-lo citado curso en dúas convocatorias sucesivas, como máximo, perderán tódolos dereitos ás prazas.

11. Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición en todo o non previsto nas bases, así como a interpretación das presentes bases.

12. Nomas derradeiras.

A aprobación destas bases e os actos administrativos que se sucedan poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa. As Cores Xerais. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 2. As comunidades autónomas. O Estauto de autonomía de Galicia. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia.

Tema 3. O municipio. O termo municipal. A poboación municipal. Consideración especial do veciño. O empadroamento municipal.

Tema 4. Organización municipal. Competencias municipais. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesión e adopción de acordos.

Tema 5. O persoal ó servicio das corporacións locais. Réxime de incompatibilidades. Dereitos e deberes dos funcionarios do corpo da policía local. Faltas e sancións. Réxime disciplinario.

Tema 6. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O Rexistro Xeral de Entrada e Saída de Documentos. Iniciación, ordenación, instrucción e finalización dos procedementos. Notificación e publicación dos actos administrativos. Os recursos administrativos. O recurso contencioso-administrativo.

Tema 7. O orzamento xeral das corporacións locais. Elaboración, aprobación e execución.

Tema 8. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedementos de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 9. Licencias de obras. Licencias de apertura de establecementos. Ocupación da vía pública, Mercados. Venda ambulante.

Tema 10. A Lei de forzas e corpos de seguridade. Ideas xerais. A policía local e a súa actuación como policía xudicial, administrativa e de seguridade.

Tema 11. A Lei de coordinación das policías locais de Galicia.

Tema 12. A Lei para a protección da seguridade cidadá.

Tema 13. As xuntas locais de seguridade. A protección civil.

Tema 14. A detención. Especial consideración á detención ilegal. O depósito de detidos. A asistencia letrada ó detido. O habeas corpus.

Tema 15. O delicto e a falta. Especial referencia ás circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes. Delictos contra as persoas. Delictos contra a honestidade. Delictos contra a liberdade e a seguridade. Delictos contra a propiedade. Delictos contra a seguridade do tráfico e contra a saúde pública, Xogos ilícitos.

Tema 16. Delictos cometidos polos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos. Especial referencia ós delictos de prevaricación e suborno, desobediencia e denegación de auxilio.

Tema 17. Normativa en materia de espectáculos e establecementos públicos. Referencia ós aspectos de interese policial contidos no vixente Regulamento xeral da policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tema 18. Actuación da policía local en materia de manifestación, reunións e concentracións. Actuacións da policía local nas materias sobre menores e estranxeiría.

Tema 19. Regulamento de armas, aspectos esenciais. Armas prohibidas. Licencias. Especial referencia ó uso de arma de fogo pola policía local.

Tema 20. Intervención policial ante ameazas de bomba, incendios e outras situacións de alarma. Desaloxos e evacuación.

Tema 21. O Código de Circulación. Normas xerais de circulación urbana. Sinais de circulación. Permisos e licencias de conducción. Permisos de circulación.

Tema 22. Circulación de peóns, bicicletas, ciclomotores e automóbiles. Paradas, detencións e estacionamentos. Carga e descarga. Retirada dos vehículos da vía pública. Retirada do permiso de circulación.

Tema 23. Denuncias por infraccións en materia de circulación. Infraccións que poden ser sancionadas pola autoridade municipal. Alcoholemia.

Tema 24. Accidentes de tráfico: concepto, clase e causas. Regulación no código. Investigación de accidentes. Actuación da policía local. Confección de atestados.

Cee, 8 de maio de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado