Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXOM.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, procédese á publicación do acordo adoptado polo Concello Pleno, en sesión extraordinaria de data 25 de abril de 2002, sendo a súa parte dispositiva a seguinte:

Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas por Julia e Jaime Valero Ruíz, Manuel Miñán Ríos e Inversiones Iñás, S.L., no sentido do informado, estimando a solicitada por Andrés Couto Prado e polo tanto:

a) Destinar ó sistema xeral de zonas verdes e espacios libres un ámbito de 16.569 m actualmente clasificados como solo rústico de protección forestal.

b) Destinar ó sistema xeral de zonas verdes e espacios libres un ámbito de 4.960 m clasificados como reserva de equipamento.

c) Redelimitar o ámbito do SUNP I-33-R no sentido do anteriormente exposto.

d) Modifica-lo trazado do sistema xeral viario para adaptalo ás previsións do Ministerio de Fomento.

e) Incrementa-la edificabilidade de 0,50 a 0,55 m/m.

Segundo.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM obxecto deste expediente na área deste expediente no SUNP I-33-R (Industrial) de Iñás no sentido do exposto no punto primeiro e coa única excepción do sinalado no apartado b). A aprobación debe considerarse parcial pois na modificación introduciuse a estimación da alegación de Andrés Couto Prado que deberá prosegui-lo seu trámite antes de formula-la aprobación definitiva polo Pleno, é dicir, remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para que emita o informe preceptivo e vinculante que lle corresponde. O Pleno considera que a modificación que se propón, relativa á alegación do apartado b), non é substancial dada a escasa incidencia no desenvolvemento territorial.

Terceiro.-Proceder á publicación do acordo no DOG e no BOP.

Cuarto.-Dar traslado á consellería para efectos do previsto no 48.3º da LSG.

Quinto.-Notifica-los interesados.

Sexto.-Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados do día seguinte a aquel en que reciba a notificación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que reciba a devandita notificación.

Nembargantes, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 9 de maio de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta