Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

BASES rectificadas para a convocatoria de concurso entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello de Ourense.

A Comisión Municipal de Goberno do Concello de Ourense, en sesión ordinaria do día 6 de setembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Resolución de recursos de reposición interpostos ppolo grupo municipal socialista, Confederación INtersindical GAlega e Hipólito Bande Fernández, contra convocatoria de concurso espcífico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes neste concello.

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

1º Resolución de reclamacións.

-Reclamación de Hipólito Bande Fernández.

Desestimase nos termos que figuran no informe xurídico da T.A.G. de réxime interior do 24 de agosto de 2001.

-Reclamación de Antonio Troitiño López, en representación do PSG-PSOE:

a) Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto polo grupo municipal socialista, repre

sentado por Antonio Troitiño López, contra convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes neste concello, no referente a omisión de valoración do nivel de coñecemento da lingua galega, a establecemento da puntuación mínima para a adxudicación das vacantes, e a supresión do requisito específico do posto de xefe de oficina de análise, programación e informática por non figurar no catálogo de postos de traballo.

b) Desestimalo en todo o demais con base no informe xurídico da T.A.G. de réxime interior, do 24 de agosto de 2001.

-Reclamación de Manuel Rodríguez Mosquera, en representación da CIG.

a) O recurso de reposición interposto por Manuel Rodríguez Mosquera, en representación da Confederación Intersindical Galega, contra convocatoria de concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes neste concello, no referente a necesidade de negociación previa colectiva no seo da mesa de negociación, e á supresión do requisito específico do posto de xefe da oficina de análise, programación e informática por non figurar no catálogo de postos de traballo.

b) Desestimalo en todo o demáis con base no informe xurídico da T.A.G. de réxime interior, do 24 de agosto de 2001.

2º Aprobación das bases rectificadas para a convocatoria do concurso ente funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello de Ourense.

Unha vez emendadas as bases en función das alegacións admitidas, acórdase a aprobación delas e os seus anexos, na forma na que quedaron redactadas.

Convocatoria de concurso entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello de Ourense.

Bases

I. Vacantes.

Convócase concurso entre funcionarios para prove-los postos de traballo, actualmente vacantes, que cos requisitos e condicións correspondentes se relacionan no anexo I.

II. Aspirantes.

Poderán concorrer no presente concurso os funcionarios de carreira do Concello de Ourense, agás os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión, sempre que na data de remate do prazo de presentación das solicitudes transcorreran dous anos desde a toma de posesión no último posto de traballo obtido mediante concurso ou libre designación, agás dos que foran removidos do seu anterior destino obtido mediante concurso

ou libre designación, antes de transcorrer dous anos desde a toma de posesión, ou procedan dun posto de traballo suprimido, e reúnan as condicións xerais esixidas e cos requisitos determinados na convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

As solicitudes dirixiranse ó órgano convocante.

Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar na propia solicitude de vacantes a adaptación do posto de traballo solicitado, sempre que non supoña unha modificación exorbitante no contexto da organización. A comisión de valoración poderá solicitar do interesado, en entrevista persoal, a información que estime necesaria para a adaptación aducida, así como o dictame dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria e, se é o caso, da comunidade autónoma, tocante á procedencia da adaptación e da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións do posto concreto. Neste suposto, a resolución do concurso producirase logo de recibidos, analizados e avaliados pola comisión de valoración os informes pertinentes.

III. Méritos.

1. Apartado méritos xerais:

1.1. Grao persoal.

a) Por ter consolidado un grao persoal de igual ou superior nivel ó posto de traballo que se solicita: 9 puntos.

b) Por ter consolidado un grao persoal de ata dos niveis inferior ó do posto que se solicita: 6 puntos.

c) Por ter consolidado un grao persoal de ata catro niveis inferior ó do posto de traballo que se solicita: 4 puntos.

O funcionario que participe no presente concurso e teña un grao persoal consolidado ou que poida ser consolidado durante o período de presentación de instancias, deberá solicitar do órgano ou unidade a que se refire a base V que a dita circunstancia quede expresamente reflectida no anexo III (certificado de méritos).

2. Apartado de méritos profesionais.

2.1. O traballo desenvolvido valorarase ata un máximo de 15 puntos tendo en conta a natureza das funcións encomendadas e consonte o seguinte:

a) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto de traballo que se solicita no Concello de Ourense, con nivel de xefatura: 3 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 15 puntos.

b) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto que se solicita no Concello de Ourense, sen nivel de xefaturas: 1,5 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 7,5 puntos.

c) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto que se solicita noutras administracións públicas: 0,75 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,75 puntos.

No caso dos funcionarios procedentes das situacións de excedencia voluntaria en calquera das súas modalidades, excedencia polo coidado de fillos, expectativa de destino, excedencia forzosa, servicios especiais ou suspensión de funcións, atenderase ó nivel do último posto que desempeñaban en activo ou, no seu defecto, atribuirase o nivel mínimo correspondente ó grupo en que se clasifique o seu corpo ou escala.

2.2. Memoria.

Os aspirantes deberán presentar unha memoria que consistirá nunha análise do posto de traballo, cunha extensión máxima de dez follas en tamaño DIN-A4, mecanografadas a dobre espacio por unha cara.

Os aspirantes deberán defendela perante a comisión de valoración. Valorarase ata un máximo de 15 puntos.

2.3. Específicos.

Os méritos específicos de cada posto, segundo constan no anexo I deberán ser acreditados mediante certificación expedida polo órgano competente e achegando os diplomas o xustificantes dos coñecementos solicitados, e serán avaliados ata un máximo de 20 puntos.

A puntuación máxima acadable neste apartado será de 26 puntos.

3. Apartado de méritos académicos.

3.1. Con carácter xeral, só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento convocados polo MAP, INAP, EGAP, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Ourense, ou outras entidades públicas, sobre materias directamente relacionadas coas funcións do posto convocado, nos que se expedirá diploma ou certificado de asistencia e/ou, se é o caso, de aproveitamento ou impartición, que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións do posto de traballo, ata un máximo de 20 puntos.

Cursos: valoración.

-Igual ou superior a 50 horas: 1 punto.

-Igual ou superior a 40 horas: 0,75 puntos.

-Igual ou superior a 30 horas: 0,50 puntos.

-Igual ou superior a 20 horas: 0,25 puntos.

-Cursos e xornadas, en xeral: 0,10 puntos.

3.2. Por cursos de lingua galega, máximo 9 puntos, segundo segue:

-Curso de linguaxe administrativa galega: nivel básico 4 puntos, nivel medio 6 puntos e nivel superior 9 puntos.

-A puntuación destes cursos non é acumulable polo que soamente se terá en conta o de superior nivel.

-A puntuación máxima acadable neste apartado será de 26 puntos.

4. Apartado antigüidade.

A antigüidade valorarase a razón de 1 punto por ano completo de servicio, ata un máximo de 26 puntos. Para estes efectos computaranse tamén os servicios prestados con carácter previo ó ingreso no corpo ou escala, recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978.

Non se computarán para efectos de antigüidade os servicios prestados, simultáneamente a outros igualmente alegados.

IV. Datos.

Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que se aduzan, terán que acreditarse debidamente e han de se-los que en efecto correspondan á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

V. Documentación.

1. A xustificación das circunstancias persoais e administrativas do concursante, así como a súa situación e antigüidade, efectuaranse mediante certificación axustadas ó modelo que figura no anexo III, que deberán ser expedidas polo secretario xeral da corporación.

2. Tamén se acreditarán documentalmente mediante certificado expedido para este efecto os méritos que os interesados aleguen como determinantes da súa idoneidade.

VI. Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no presente concurso, dirixidas o alcalde de Ourense, e axustadas ó anexo II da presente convocatoria, presentaranse no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral deste concello ou nas oficinas a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII. Resolución.

1. A valoración dos méritos para adxudica-los postos de traballo vacantes efectuaraa unha comisión composta polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Vocais: conselleiro do Servicio de Réxime Interior e Persoal.

Xefe do Servicio de Réxime Interior.

Xefe de servicio ou superior xerárquico ó que estea adscrito o posto de traballo obxecto do concurso e,

no seu defecto, o funcionario que designe o presidente da corporación.

Un funcionario nomeado polo órgano de representación dos funcionarios do Concello de Ourense.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Os membros da comisión deberán pertencer ós grupos de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados, tendo dereito a percibi-las indemnizacións correspondentes por participación en órganos de selección do persoal, establecidas no Real decreto 236/1988, e demais lexislación complementaria.

A comisión poderá solicitar da autoridade convocante a designación de expertos que en calidade de asesores actuarán con voz pero sen voto.

A comisión elevará á autoridade competente a correspondente proposta para adxudica-lo posto, consonte coas avaliacións, sen prexuízo do que se establece nos puntos seguintes:

a) A orde principal para adxudica-los postos será determinada pola puntuación obtida, consonte co baremo establecido na base III (méritos).

b) No caso de empate nas puntuacións acudirase, para dirimirlo, ás outorgadas nos méritos alegados, pola orde establecida na base III.

De persisti-lo empate atenderase ó maior tempo de servicios efectivos prestados en calquera das administracións públicas e, se é o mesmo, os prestados no Concello de Ourense.

1. O prazo para resolve-lo concurso será de dous meses desde o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias.

2. O destino adxudicado será irrenunciable, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio, os interesados obteñan outro destino, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, neste caso poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes á opción realizada.

3. Logo de formulada a proposta pola comisión de valoración, o presente concurso será resolto polo presidente da corporación e publicarase a resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, diante do alcalde do concello, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ourense, 6 de setembro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

ANEXO I

Denominación do

posto

AdscriciónNivel

CD

Complemento

específico

anual

GrupoEsc.Subesc.RequisitosMéritos específicos

Xefe Negociado SecretaríaSecretaría Xeral181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarGalego nivel superiorExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Experiencia na xestión de documentación de órganos colexiados

Xefe Negociado EstatísticaDepartamento de Estatística e Rexistro181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Coñecementos de informática (*)

Xefe Negociado Planeamento e xestión urbanísticaServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Coñecementos de informática (*)

Xefe Negociado CaixaTesorería Municipal181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Coñecementos de informática (*)

Xefe Negociado licencias urbanísticasServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Coñecementos de informática (*)

Xefe Negociado discipina urbanísticaServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Adtiva. auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

Coñecementos de informática (*)

Xefe de Oficina Técnica de Análise, Programación e Servicios AuxiliaresRéxime interior221.667.876CA.E.Técnica auxiliarExperiencia no desempeño de postos con funcións similares

(*) Especialmente no manexo de bases de datos e tratamento de textos Word.