Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN de obras de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Denominación/concello/prazo execución/clasf./tipo de licitación.

Instalación de bancadas e construcción de vestiarios en pista polideportiva cuberta no Canizo/A Gudiña/5 meses/Grupos C; subgrupos 2, 4, 6; categoría c/132.217,19 euros.

Ourense, 18 de xuño de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente

EMPRESA MUNICIPAL DA VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.