Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 6 de maio de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela 20 do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, promovido por Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde