Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 2002 pola que se autorizan as ensinanzas de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais ós centros privados Montegrande da Coruña e Galaxia de Ribeira (A Coruña).

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros privados Montegrande da Coruña e Galaxia de Ribeira (A Coruña), solicitando autorización definitiva para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta a disposición transitoria terceira, apartado c) do Real decreto 1004/1991, pola que se establece que os centros privados que contasen coa correspondente autorización para imparti-las ensinanzas de bacharelato segundo o plan de estudios considerado na Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, enténdense autorizados para imparti-lo bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Polo anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-los centros privados Montegrande da Coruña e Galaxia de Ribeira (A Coruña) para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Zapateira, s/n.

Código do centro: 15022000.

Denominación: centro privado Montegrande.

Titular: Colegio Montegrande, S.L.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; e humanidades e ciencias sociais.

Quenda de tarde-noite:-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 30 alumnos).

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Localidade: Ribeira.

Enderezo: rúa Abesadas, 24.

Código do centro: 15014520.

Denominación: centro privado Galaxia.

Titular: Colegio Galaxia, S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; e humanidades e ciencias sociais.