Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Pérez López, Vicente Ángel32613095-S22

Román Fernández, Carlos32761498-E53, 55

Sánchez González, José María Enrique35962808-P10

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.