Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.989

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 12 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir como profesor de música e artes escénicas nas especialidades de piano, contrabaixo e gaita galega.

Especialidade: piano.

Titulacións:-1º título de grao superior.-2º título de grao medio.

Ámbolos dous do instrumento correspondente.

Especialidade: contrabaixo.

Titulacións:-1º título de grao superior.-2º título de grao medio.

Ámbolos dous do instrumento correspondente.

Especialidade: gaita galega.

Titulacións: un título superior de calquera instrumento e + título de grao medio de gaita galega, do plan de estudios 1966 ou LOXSE.

O prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

O baremo de contratación e o modelo de solicitude encóntrase na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal