Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.989

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de xuño de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 24 de abril de 2002 (DOG nº 90, do 10 de maio de 2002), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 24 de abril de 2002 (DOG nº 90, do 10 de maio de 2002).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Mosquera Cobián, Mª Josefa.

N.R.P.: 3244951135 A2053.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 16.

Posto de traballo: secretaria da directora provincial.

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE