Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de abril de 2002 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número100, do luns, 27 de maio de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 7.687, no anexo I punto 1.1., onde di: «Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal consonte o temario desta convocatoria. O exercicio terá unha duración máxima de 2 horas. Cualificarase de 0 a 40 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 20 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta. Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixidas para acada-la puntuación mínima»m debe dicir: «Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal consonte o temario desta convocatoria. O exercicio terá unha duración máxima de 2 horas. Cualificarase de 0 a 40 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 20 puntos. Para iso

terase en conta que por cada resposta incorrecta se descontará unha correcta. Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixidas para acada-la puntuación mínima».