Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de xuño de 2002 pola que se declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 116, do martes, 18 de xuño de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 9.331, onde di: «As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http:/xxx.cixtec.es». Debe dicir: «As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http://www.cixtec.es».