Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona apertura de trámite de audiencia pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez Molares, Mª Carmen).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de trámite de audiencia pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con domicilio na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 27 de maio de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesada:

Pérez Molares, Mª Carmen.

DNI: 35971212-V.

Baiona, 11-8º B.

Vigo.

Procedemento:

Imposto sobre sucesións e doazóns.

Exercicio: 1996.

Expte.: S-1106/97.