De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38 ent. Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 30 de maio de 2002.
Norberto Francisco Bayón Rey
Delegado territorial de Ourense
ANEXO
Interesada:
Mª del Pilar Vázquez Vidal.
DNI 34935989-R.
Lamas Carvajal, 42-5º. Ourense.
Procedemento:
Requirimento sucesións.
Exp. 327/1993.
Doc. 2930004144.