Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se anuncia, polo procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, mediante concurso, un contrato de servicios, consistente na prestación de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: prestación de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Prazo de execución: 31 de decembro de 2003; pódese prorrogar polo mutuo consentimento das partes antes da, finalización, segundo se establece no artigo 198 do TRLCAP.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 108.181 A (36.060 A no ano 2002 e 72.121 A no ano 2003).

Garantía: provisional, 2% do orzamento (2.163,62 A).

Obtención de documentación: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas: Instituto Galego de Consumo.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado ou día inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo