Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario (edificios situados na rúa Ramón Puga, 52, de Ourense) (C.P. 5/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6º, alínea j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

c) Número do expediente: C.P. 5/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario de Ourense (edificios situados na rúa Ramón Puga, 52, de Ourense).

b) División por lotes: non, a licitación será á totalidade do servicio.

c) Lugar de execución: ver punto 14 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 2 anos contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 5.220.000 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 104.400 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa).

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 56 91.

e) Fax: 988 38 55 50.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 23 de xullo de 2002, días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: (para empresas españolas) grupo III; subgrupo 6; categoría D; ou a súa correspondencia de acordo o disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Reglamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: (para empresas non españolas) acreditación libre atendendo ós criterios contidos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 23 de xullo de 2002 (14 h).

b) Documentación que se presentará: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005 Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta 1ª).

c) Localidade: Ourense.

d) Data: 5 de agosto de 2002.

e) Hora: 9.30 h.

f) Acto público.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: ver o punto 12 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lingua (s): castelán ou galego.

11. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios será a cargo do adxudicatario do contrato.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 31 de maio de 2002.

13. Para consultar pregos: http://www.sergas.es.

Ourense, 22 de maio de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense