Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de maio de 2002 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Aula Estudio de Vigo (Pontevedra), para impartir ciclos formativos de grao superior.

Examinado o expediente instruído por instancia de Laura Laguna Molina, solicitando autorización

para a apertura e funcionamento do centro privado Aula Estudio de Vigo, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos, administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado Aula Estudio de Vigo (Pontevedra), para imparti-lo ciclos formativos de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos, administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Santa Marta interior, s/n.

Código do centro: 36024392.

Denominación: centro privado Aula Estudio.

Titular: Aula Estudio, C.B.

Ensinanzas que se autorizan:

Quenda de mañá:

Familia profesional: electricidade-electrónica.-1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: electricidade-electrónica.-1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).