Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002 pola que se modifica a do 28 de decembro de 2001, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas que rexerán as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia.

A resolución do 28 de decembro de 2001 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2002), do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller regula as axudas que rexerán as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia. Na súa exposición de motivos establécese que as accións incluídas nela se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A 461.0, 14.50.212A 462.0, 14.50.212A 471.0, 14.50.212A 481.0, 14.50.212A 482.0, recollidas no orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia que se prorrogue para o ano 2002 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo e o importe global destinado a elas ascende a 1.797.026,19 A.

Coa data do 29 de abril de 2002 foi aprobada polo Parlamento galego a Lei 2/2002, de orzamentos

xerais da Comunidade Autónoma de Galicica para o ano 2002, consignándose na aplicación referida un crédito de 2.137.605 A, destinados ás ditas axudas, polo que se considera axeitado modifica-la resolución de axudas á formación no que respecta á contía establecida para o financiamento, que resulta incrementada ata a cantidade sinalada na Lei de orzamentos do exercicio 2002.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que teño atribuídas

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifica-lo parágrafo noveno da exposición de motivos da Resolución do 28 de decembro de 2001 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas que rexerán as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia, quedando a nova redacción da forma seguinte:

«As accións incluídas nesta resolución financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A 461.0, 14.50.212A 462.0, 14.50.212A 471.0, 14.50.212A 481.0, 14.50.212A 482.0, recollidas no orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo e o importe global destinado a elas ascenderá a 2.137.605 A».

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller