Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se convocan cursos de portugués.

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelo oficial, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar noutro curso no presente ano.

3. O prazo de presentación de instancias rematará o día 5 de agosto de 2002.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. A selección efectuarase de acordo co previsto para cada curso no anexo I.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos.

Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou a presentación dos traballos cando o considere oportuno.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar unha copia da certificación recibida ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de seleccionados sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente. O mesmo poderá suceder se durante a realización do curso se constata unha asistencia inferior a esa cifra.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso de portugués, nivel I (3 edicións)

1. Obxectivos.

Comprende-la información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa relativas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente por falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas no portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación, para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Terán preferencia os alumnos que obtiveron o certificado de asistencia no curso básico realizado o ano pasado. As prazas sobrantes cubriranse en función do resultado dunha proba de nivel de portugués, que deberá realiza-lo resto dos candidatos no día, hora e lugar que determine a escola (en Santiago de Compostela terá lugar na sede da

EGAP o día 2 de setembro ás 17 h). Dentro do nivel adecuado daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 60 horas.

3.2. Lugar: EGAP, Ourense e Vigo.

3.3. Datas: de setembro a decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores de 17 h a 19 h.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.

Curso de portugués, nivel II (3 edicións)

1. Obxectivos.

Profundar na comprensión da información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa relativas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente por falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas no portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, das universidades de Galicia, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Terán preferencia os alumnos que obtiveron o certificado de asistencia no curso básico realizado o ano pasado. As prazas sobrantes cubriranse en función do resultado dunha proba de nivel que deberán realiza-lo resto dos candidatos no día, hora e lugar que determine a escola (en Santiago de Compostela terá lugar na sede da EGAP o día 2 de setembro ás 18.30 h). Dentro do nivel adecuado daráselles preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 60 horas.

3.2. Lugar: EGAP, Lugo e Vigo.

3.3. Datas: de setembro a decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores de 19 h a 21 h, agás en Lugo que será de 17 a 19 h.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER