Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de xuño de 2002 pola que se modifica a do 20 de decembro de 2001 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedicións de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante o ano 2002.

O 31 de decembro publicouse a Orde do 20 de decembro de 2001 da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (DOG nº 251, corrección no DOG nº 17, do 23 de xaneiro do 2002).

Por acordo da Asemblea Xeral do Consorcio da Rede de Albergues Xuvenís e co obxecto de facer unha equiparación coas asociacións europeas neste ámbito, estableceuse elevar a idade do carné de alberguista xove ata os 30 anos.

Na data da publicación da referida Orde do 20 de decembro de 2001, en virtude de axustes orzamentarios, non se engadiu o novo programa deseñado pola Dirección Xeral de Xuventude, «Urbis», que consistirá nunha aventura cultural na que os escenarios serán os núcleos históricos das cidades onde se desenvolverá.

Así, co obxecto de adaptarse a estas novas circunstancias, faise necesario modifica-la anterior orde de prezos referida.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, dispón a obriga da consellería correspondente de establece-los prezos, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicalos no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandado e logo de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Modíficase o anexo I.B. «Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX)», quedando a nova redacción da forma seguinte:

«...establécense os seguintes prezos por persoa:

Servicios Ata 30 anos Maiores de 30 anos ...»

Artigo 2º.-Engádese unha nova alínea K ó anexo III. «Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude...», do seguinte xeito:

«...entenderase por participante:...

K. Programa «URBIS».....................18 euros».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude