Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. (centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. (centro de limpeza viaria e recollida de resisuos sólidos do Concello de Ferrol) (código convenio 1503561) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-4-2002 e complementado o 16-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social, polo comité de empresa o día 15-4-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. para os seus traballadores/as adscritos ó servicio de limpeza e recollida de r.u. do Concello de ferrol para os anos 2002-2003-2004

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores da empresa Urbaser, S.A., que presten os seus servicios no centro de Limpeza Viaria e Recollida de Residuos Sólidos do Concello de Ferrol.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no DOG., non obstante, os efectos económicos del retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 2002.

Terá unha duración de 3 anos con vixencia do 1-1-2002 ó 31-12-2004.

A denuncia do presente convenio será de carácter automático.

Este convenio considerarase provisionalmente prorrogado durante o tempo que medie entre a súa data de finalización e a aprobación dun novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ó presente convenio viñan desfrutando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, que as aquí pactadas, conservaranas.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só podrán afectar ás condicións pactadas no presente convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual superen as aquí pactadas.

En caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen modificación ninguna nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantía.

Estará formada por catro representantes da parte económica e catro da parte social pertencentes ó comité de empresa. Ambas partes poderán contar con asesores e reuniranse pora instancia de calquera delas, cantas veces sexa necesario, debendo celebrarse a reunión dentro dos cinco días seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Estudio e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio que puidesen afecta-lo seu contido.

c) Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria, antes de presenta-la reclamación pertinente, ante a xurisdicción competente.

A dita comisión deberá emitir un informe e a súa resolución nun prazo máximo de 5 días a partir do día en que foi solicitada.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstaculizará en ningún caso o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa, prevista na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de forma que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á empresa.

Cada traballador ou traballadora realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidades do servicio, un traballador, traballadora viñese desempeñando funcións dunha categoría superior, cobraría desde o primeiro día o salario desta categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría terá preferencia para acceder a elas o persoal en activo na empresa ou centro de traballo, polo que se promocionará ás ditas categorías o persoal que demostrase a súa capacidade, logo da superación das probas selectivas, as bases e requisitos necesarios marcaraos a empresa, para o cal, esta comprométese a dar formación adecuada ós traballadores que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos necesarios. No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicitar ós distintos profesionais na oficina do Inem.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais definidas neste convenio, no relativo ás retribucións económicas, son as

que figuran nas táboas salariais que se xuntan como anexos do presente convenio.

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais, que se distribuirán da seguinte forma: xornada diaria de 6 horas e trinta minutos de luns a venres, e de 5 horas e trinta minutos os sábados, que inclúen 30 minutos diarios para o bocadillo, como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará anualmente de 30 días naturais de vacacións retribuídas conforme a seguinte fórmula: 30 días de salario base + antigüidade + importe do complemento de vacacións que figura para cada categoría nas táboas salariais que se xuntan.

O persoal que se incorpore á empresa ó longo do ano, desfrutará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación se efectuara despois do 30 de outubro, desfrutará a parte proporcional dentro do mesmo ano na data na que acordara a empresa.

As vacacións desfrutaranse nos meses de xullo e agosto de acordo co seguinte calendario de rotación.

O persoal que no ano anterior desfrutou as vacacións en xullo, desfrutaraas en agosto ó ano seguinte.

O persoal que no ano anterior desfrutou as vacacións en agosto, desfrutaraas en xullo ó ano seguinte.

Tódolos traballadores que logo de solicitude desfruten as súas vacacións fóra dos meses de xullo e agosto, terán como compensación dous días máis de vacacións, quedando excluído desta consideración o mes de decembro.

Artigo 12º.-Permisos e licencias.

O persoal terá dereito a desfrutar de permisos ou licencias nos seguintes supostos:

a) 15 días en caso de contraer matrimonio.

b) 3 días en caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se se producise fóra da localidade, o permiso será de 5 días.

c) 3 días en caso de morte dalgún familiar en primeiro grao; 2 días se é de segundo grao. Se o falecemento se producise fóra da localidade, o permiso será de 2 días máis.

d) 3 días en caso de nacemento de fillos ou fillas. Se o feito se produce fóra da localidade, o permiso será de 5 días.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) 1 día por matrimonio de fillos ou fillas, se é fóra da localidade 2 días.

g) O desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dalgún título tanto académico como profesional, deberá acreditarse sempre a concorrencia ós ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria debendo xustificala adecuadamente.

i) O tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

j) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir, a aqueles traballadores/as que teñan a categoría de conductor.

k) o traballador ou traballadora pola lactación dun fillo e filla menor de 9 meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá dividir en 2 fraccións. A muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal de traballo en media hora, coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado polo pai ou a nai no caso de que ambos traballen.

As licencias e permisos empezarán a contar na data en que se produzca o feito que os motiva, ou no día seguinte se o traballador ou traballadora finalizase a súa quenda de traballo.

Os días que correspondan para cada suposto descrito neste artigo enténdese que son naturais.

Artigo 13º.-Días libres por asuntos propios.

Durante a vixencia deste convenio, cada traballador terá á súa disposición 5 días de licencia retribuída sen xustificar, a desfrutar antes do 31 de decembro do ano en curso, non tendo carácter acumulativo dun ano para outro, non poderán ser remunerados no caso de renunciar ó seu desfrute, e segundo a clasificación seguinte:

* Asuntos porpios tipo A-Libre disposición (AP-A).

2 días ó ano, para os cales o único requisito, será o de solicitalos ó seu encargado con polo menos 7 días de antelación ó día escollido para o descanso.

* Asuntos propios tipo B-Condicionados (AP-B).

3 días ó ano, para os cales, aínda non establecéndose prazo de solicitude, serán comunicados ó seu encargado correspondente, e a empresa reservará o dereito a non concede-las ditas licencias, cando estas causaren un grave deterioro na prestación do servicio, dado o carácter público del.

Neste sentido serán considerados laborables aqueles festivos que por seren consecutivos sexa necesaria a realización do servicio de recollida de R.S.U.

Artigo 14º.-Sábados libres.

Durante o ano 2002, cada traballador terá á súa disposición 16 sábados libres retribuídos, sen xustificar, non tendo carácter acumulativo dun ano para outro, non poderán ser remunerados no caso de renunciar ó seu desfrute, e a desfrutar antes do 31

de decembro do mesmo ano, e segundo a clasificación seguinte:

* Sábado de convenio tipo A-Libre disposición (SC-A).

8 sábados ó ano, para os cales o único requisito será o de solicitalos ó seu encargado con polo menos 7 días de antelación ó día escollido para o descanso.

* Sábado de convenio tipo B-Condicionados (SC-B).

8 sábados ó ano, dos que a autorización será regulada segundo porcentaxes por categorías.

Durante o ano 2003, cada traballador desfrutará de 19 sábados libres ó ano, quedando pendente fixa-lo calendario de libranzas entre o comité e a dirección da empresa.

Durante o ano 2004, establécese unha libranza para tódolos traballadores, de dous sábados ó mes, en período non vacacional, un sábado ó mes no dito período e un sábado libre engadido, nalgún dos meses que por distribución do calendario teña cinco sábados. Completando así un máximo de 22 sábados libres ó ano e dos que o calendario de libranzas será fixado previamente entre o comité e a dirección da empresa.

Artigo 15º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de baixa por incapacidade transitoria derivada de calquera tipo de continxencia, ben sexa por accidente laboral ou enfermidade profesional, ou ben por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario real.

En caso de maternidade tamén se terá dereito ó dito complemento, que será aboado da forma que dispoña a lexislación vixente en cada momento.

Non terán estes complementos aqueles traballadores/as que non teñan dereito ó cobro dos subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente.

Artigo 16º.-Aviso previo de cesamento.

Rexerá o que dispoña a lexislación vixente nesta materia en cada momento.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada 2 anos as seguintes pezas:

-Conductores:

Inverno:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-2 xerseis.

-1 cazadora.

-1 anorak.

-1 par de botas de seguridade.

-Guantes anticortes.

Verán:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-1 xersei.

-1 par de botíns.

-Peóns:

Inverno:

-3 pantalóns.

-3 camisas.

-2 xerseis.

-1 cazadora.

-1 anorak.

-1 par de botas de seguridade.

-1 par de botas de auga.

-1 traxe de augas.

-Guantes anticortes.

Verán:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-1 xersei.

-1 par de botíns.

-Persoal de taller:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-1 xersei.

-3 fundas.

-2 pares de botas de seguridade.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Será de obrigado cumprimento por parte da empresa o cambio dalgunha peza deteriorada por desgaste, rotura, etc. por outra nova, dentro do período de dous anos para o que se solicitan as pezas de traballo, logo de entrega da peza deteriorada, e que a dita deterioración ou rotura sexa consecuencia do desenvolvemento normal do traballo.

Condicións sociais

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que se derive morte,

incapacidade laboral permanente absoluta ou grande invalidez para calquera actividade laboral, o traballador/a ou os seus beneficiarios percibirán, en concepto de indemnización a cantidade de 16.828,34 A, independentemente das prestacións que puideran corresponderlle por este motivo.

A dita póliza entrará en vigor o día da súa sinatura, quedando o persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación deste convenio, en tanto en canto non se subscriba a nova póliza, cuberto pola do ano anterior.

Artigo 19º.-Excedencias.

Terá dereito a solicitar excedencia todo traballador/a que teña unha antigüidade mínima de 1 ano na empresa, concedéndose a mesma por un período comprendido entre 1 e 5 anos.

A petición de excedencia deberá facerse con 1 mes de antelación.

A incorporación ó posto de traballo debe solicitarse 1 mes antes da data de finalización da dita excedencia.

Podrá solicitar excedencia, todo traballador/a en activo que teña un cargo sindical, tanto sexa nunha estructura de dirección da central sindical á cal pertenza, como a institución galega ou estatal en calquera das súas modalidades. Esta excedencia será con dereito á reserva do posto de traballo, debéndose avisar con polo menos 1 mes de antelación á súa reincorporación á empresa. Non se terá en conta para os efectos do cálculo do complemento de antigüidade, o tempo transcorrido en situación de excedencia polas causas sindicais expostas.

No caso de excedencia voluntaria, descontarase o tempo no que se permaneza nesa situación para efectos de cálculo do complemento de antigüidade.

Artigo 20º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Rexerá o disposto na lexislación que poida ser de aplicación nesta materia e se encontre vixente en cada momento.

O período de suspensión temporal do contrato de traballo motivado pola situación do servicio militar ou civil substitutorio, computarase para efectos do cálculo do complemento de antigüidade.

Artigo 21º.-Cobertura por retirada do carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptara o conductor afectado noutro posto de traballo, conservándolle a súa categoría e soldo durante un período máximo de 3 meses. Transcorrido o dito prazo, seralle adaptado tanto o salario como a categoría ó seu novo posto de traballo. O traballador/a reintegrarase á súa categoría e posto de traballo no prazo de tres meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este artigo será de aplicación no suposto de que a infracción que derive a retirada do mencionado carné se produza dentro da xornada laboral do traballador/a, no desempeño das súas funcións normais de conductor/a, e sempre e cando non derive de conducción temeraria, conducir baixo os efectos do alcohol ou calquera outra substancia psicotrópica, así como calquera infracción prevista na Lei de prevención de riscos laborais, imputable ó traballador/a.

Se a retirada do permiso de conducir, se producise fóra da xornada laboral, atribuiráselle un posto de peón ou similar, no que non se necesite o citado permiso, mentres dure a sanción que motivou a retirada do mesmo, sexa cal fose a causa de suspensión do permiso de conducir.

Neste último suposto mentres dure a retirada de permiso de conducción e o operario non poida desempeñar traballos propios da categoría de conductor, cobrará o salario correspondente á categoría de peón.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

A empresa achegará un fondo de axuda para estudios oficiais dos fillos dos traballadores/as, que terá un importe de 3.606,07 A.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento de normas.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e hixene.

Rexerá o disposto na lexislación vixente nesta materia.

Artigo 24º.-Revisións médicas.

Tódolos traballadores/as afectados polo presente convenio terán o dereito e a obrigación de pasar unha revisión médica anual que será a cargo da empresa e en horas de traballo. Así mesmo todo traballador que o solicite será vacinado contra a gripe e a hepatite B.

Dereitos sindicais

Artigo 25º.-Garantías sindicais.

Cada membro do comité de empresa disporá dun crédito de horas sindicais mensuais retribuídas a salario real (como se estuvera traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. Estas horas poderán acumularse mensualmente, así como un ou máis membros do comité poderán ceder horas sindicais a outro.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos de consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiros de anuncios en cada cuartel. Ademais de velar pola conservación do local do comité. Así mesmo faci

litará o acceso do comité ós medios de reproducción da mesma, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do comité dentro da empresa.

Durante o período de vacacións ou IT, dos representantes sindicais dos traballadores, (comité de empresa), poderase cede-lo crédito mensual de horas sindicais entre un ou varios dos membros do comité de empresa, logo da presentación do correspondente documento de cesión de horas.

Artigo 26º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores/as a cota sindical, logo da solicitude escrita de cada un deles.

Condicións salariais

Artigo 27º.-Retribucións salariais.

A estructura salarial está constituída polos seguintes conceptos:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Complemento de transporte.

-Complemento de complemento de convenio.

-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

-Complemento nocturno.

-Pagas extraordinarias.

-Complemento productividade.

Artigo 28º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría nas táboas salariais correspondentes ó ano 2002 e 2003, figurando as primeras como anexo I neste convenio colectivo. Devengarase por día natural.

Artigo 29º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido en dous benios ó 5% e posteriores quinquenios ó 7% do salario base de cada categoría, respectando o tope máximo establecido no artigo 25º do Estatuto dos traballadores. Este complemento devengarase os mesmos días que o salario base.

Artigo 30º.-Complemento de transporte.

O complemento de transporte é aquela percepción de carácter extrasalarial percibida polos traballadores/as, como compensación polo traslado do seu domicilio ó centro de traballo, sendo unha cantidade fixa para tódolos traballadores e categorías, na contía recollida nas táboas salariais correspondentes a cada ano.

Artigo 31º.-Complemento de complemento de convenio.

Por cantidade e calidade de traballo e por día efectivo de traballo, cada traballador/a percibirá un

complemento denominado de complemento de convenio, que está recollido para cada categoría profesional na táboas salariais correspondentes a cada ano.

-No ano 2002 o 33% do complemento de convenio pasará a formar parte do salario base.

-No ano 2003 o 50% do complemento de convenio pasará a formar parte do salario base.

-No ano 2004 o 100% do complemento de convenio pasará a formar parte do salario base, co cal quedará eliminado este concepto das táboas salariais a partir desta data.

Artigo 32º.-Complemento de productividade.

Todo o persoal que cumpra co horario da súa xornada laboral percibirá por día efectivo de traballo un complemento de productividade, que está recollido para cada categoría profesional na táboas salariais correspondentes a cada ano.

Artigo 33º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afecto a este convenio que desempeña as súas funcións nos servicios de varrido, recollida e taller mecánico, percibirá un complemento denominado tóxico, penoso e perigoso que consistirá no 20% do salario base diario e se aboará por día efectivo de traballo.

Artigo 34º.-Complemento de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22 e as 6 horas, percibirá un complemento denominado de nocturnidade por cada día efectivo de traballo, consistente no 25% do salario base diario.

Artigo 35º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse tres pagas extraordinarias que serán as seguintes:

-Paga extraordinaria de verán. Esta paga aboarase coa mensualidade de xuño e devengarase semestralmente e día a día, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño.

-Paga extraordinaria de Nadal. Esta paga aboarase coa mensualidade de decembro e devengarase semestralmente e día a día, desde o 1 de xullo ó 31 de decembro.

-Paga extraordinaria de beneficios. Esta paga aboarase entre o día 1 e 15 de setembro, e devengarase anualmente, desde o 1 setembro do ano anterior ó 31 de agosto do ano do seu aboamento.

As ditas pagas non se verán afectadas no seu importe polas situacións de IT que poida sufrir o traballador durante os períodos de devengo de cada unha delas.

A contía das pagas de verán, Nadal e beneficios serán de 30 días de salario base e antigüidade.

Artigo 36º.-Horas extraordinarias.

A realización das horas extraordinarias será de forma voluntaria, salvo en casos de forza maior ou emerxencia, acórdase reducir ó mínimo as horas extraordinarias.

-1º Voluntariedade.

As horas extras que por razón das especiais circunstancias do traballo, sexan imprescindibles realizar no servicio de recollida de R.S.U. cando coincidan dous festivos consecutivos, serán estrictamente voluntarias.

Con obxecto de organiza-lo servicio coa suficiente antelación e concreta-lo persoal dispoñible, habilitaranse nos taboleiros de anuncios con 15 días de antelación unha folla para que procedan a apuntarse aqueles traballadores dispostos a realiza-lo dito servicio. Sete días naturais antes do día efectivo de traballo, cerrarase o prazo de inscrición, considerándose persoal dispoñible aquel que se anotase.

Se o número de traballadores apuntado superase o número estrictamente necesario, para a realización do servicio, darase prioridade ós comunmente asignados ó quenda de noite, respecto dos do quenda de día que se inscribisen.

-2º Compensación.

Os traballadores que realizasen horas extras terán dereito a optar por ser compensados: a) economicamente, b) con tempo de descanso. En ambos casos deberá consignarse a opción elixida na folla de inscrición.

a) Compensación económica.

A xornada de traballo correspondente a calquera segundo día festivo consecutivo que coincida durante o ano, será compensada con 96,16 A. durante o ano 2002, 2003 e 2004.

b) Compensación con tempo de descanso.

O persoal que pertenza á quenda de noite desfrutará de 2 días de descanso por día traballado.

O persoal que pertenza á quenda de día desfrutará de 10 horas de descanso.

Tanto os días como as horas de descanso poderán ser acumulados na ficha correspondente a cada traballador, podendo este ter acceso a calquera comprobación que considere conveniente.

c) Desfrute de tempo de descanso.

O tempo de descanso acumulado non terá caducidade. O traballador poderá desfruta-lo dito descanso cando o considere oportuno, cumprindo o requisito que a continuación se detalla.

Para facer efectivo o desfrute do tempo de descanso, será necesario que o traballador o solicite ó seu encargado correspondente con polo menos 7 días de antelación ó día escollido para o descanso.

Artigo 37º.-Anticipos.

O persoal que o solicite por escrito, terá dereito a percibir un anticipo a conta do traballo realizado durante a mensualidade na que se solicita por un importe máximo de ata un 80% do salario devengado.

Os anticipos concederanse o día 18 de cada mes, debendo solicitarse con 24 horas de antelación.

Artigo 38º.-Anticipos de cancelación diferida.

A empresa comprométese á creación dun fondo de 12.020,24 A., para que aqueles traballadores/as que o necesiten poidan solicitar anticipos de cancelación diferida nas seguintes condicións:

-A cantidade máxima que se poderá conceder por traballador/a será de 901,52 A.

-Os ditos anticipos deberán solicitarse durante os 5 primeiros días hábiles de cada mes, facéndose efectiva a concesión, unha vez aprobada, o día 15 do mes no que se solicita.

-O anticipo será cancelado nun prazo máximo de 15 meses reténdose dos haberes mensuais de cada traballador/a os importes dos distintos vencementos.

-A primeira retención farase efectiva no mes seguinte de que se solicita o anticipo.

-Se o traballador/a antes da total cancelación do anticipo cesara por calquera causa no servicio activo da empresa, descontarase a cantidade pendente de aboar, do importe da liquidación dos devengos ata onde a mesma alcance. Se non alcanzase, o traballador/a comprométese a liquida-la parte pendente de devolución nun prazo de dous meses, a partir da data de baixa na empresa.

-O anticipo devengará un xuro anual do 0%.

Artigo 39º.-Pagamento de salarios.

O aboamento dos salarios será mensual, e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria. Para iso, a empresa, ordenará as ditas transferencias o penúltimo día hábil do mes ó que corresponda o pagamento.

Artigo 40º.-Cláusula de revisión. Incremento salarial.

O incremento salarial para os anos 2002, 2003 e 2004 será do IPC previsto polo Goberno segundo a táboa do anexo I adxunta sobre as táboas do ano anterior.

No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa superase o 31 de decembro

do ano correspondente o IPC previsto polo Goberno aplicado, efectuarase unha revisión anual automática sobre tódolos conceptos económicos polo exceso da mencionada cifra.

Outras condicións

Artigo 41º.-Subrogación do persoal.

Punto 1º. Subrogación do persoal.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre os que se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente apartado e nos seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigacións que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses na mesma e se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no suposto 2, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incorporasen á contrata de servicios

públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, cumprindo sesenta e catro anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima na mesma dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódolos supostos anteriormente previstos deberanse acreditar fidedignamente e documentalmente pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no apartado 5º do presente artigo e no prazo de 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante ou a saínte, comunique fidedignamente á outra empresa o cambio da adxudicación do servicio.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ó producirse a subrogación desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento doutro período corresponde ó anterior adxudicatario, que deberá efectualo na correspondente liquidación.

D) A ampliación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes a que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria e traballador.

Punto 2º. División de contratas.

No suposto de que unha ou varias contratas das que a actividade ven sendo desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto da súa posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, con un período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal fose a súa modalidade de contrato de traballo, todo iso aínda cando con anterioridade traballasen noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive do punto 1º do presente artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios resultantes.

Punto 3º. Agrupacións de contratas.

En caso de que distintas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou varias, a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo iso aínda

cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas ou servicios.

Subrogarse así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive, do punto 1º do presente artigo e que prestasen os seus servicios nas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

Punto 4º. Obrigatoriedade.

A subrogación de persoal, así como os documentos a facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división delas, así como nas agrupacións que daquelas poidan efectuarse, aínda tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas e entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso aínda cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación de persoal, nos termos indicados e iso con independencia tanto da aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas á que é obxecto de sucesión.

Punto 5º. Documentos para facilitar pola empresa saínte á entrante.

A empresa saínte deberá facilitar á entrante os seguintes documentos:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente de pagamento na Seguridade Social.

-Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal, especificando: nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data do desfrute das súas vacacións.

Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período de mandato del.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, nos que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente cantidade ningunha. Estes documentos deberán estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.

Artigo 42º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas no presente convenio, rexerá o disposto pola lexislación vixente.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE