Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal da provincia de Lugo.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio do metal da provicia de Lugo (código 2700185), asinado o día 25 de marzo de 2002, pola representación da Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo, Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo, e das centrais sindicais UGT (34,2%) e CC.OO. (31,1%), e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de abril de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

do comercio do metal de Lugo

Asistentes:

Pola Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo:

Ildefonso Bourio Paz.

Nivardo Rego Valle.

Julio Blanco Cadahía.

Pola Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo:

Ignacio Pérez de Oliveira.

Lourdes García Regueira.

Genaro Saavedra López.

Polas centrais sindicais:

UGT (34,2%):

José Luis Combarro Infantes.

Manuel José Fernández Rodríguez.

Adolfo Mosteirín Turia.

CC.OO. (31,1%):

José Luis López Álvarez.

Pedro Sanjurjo Laster.

Francisco Cazón Pardo.

En Lugo, sendo as 11 horas do día 25 de marzo de 2002, reúnensen nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (pz. San Domingos, 6-8, 2ª planta, Lugo) as persoas citadas anteriormente, integrantes todas elas da comisión mixta paritaria prevista no artigo 7 do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo, co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial resultado da aplicación da cláusula de revisión pactada no convenio para o ano 2001.

Logo de amplas deliberacións, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aplica-la cláusula de revisión prevista no parágrafo 2º do artigo 17 do convenio colectivo provincial do comercio do metal de Lugo con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2001, que recolle o seguinte: para o ano 2001 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2001 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra que nos xerará o cobramento de atrasos, servindo de base para aplica-lo incremento salarial do ano 2002.

Segundo.-Tendo en conta de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2001 rexistrou un incremento do 2,7%, sendo o IPC previsto polo Goberno para o ano 2001 o 2%, apróbanse as táboas salariais anexas, resultado de aplicar unha revisión do 0,7%.

Terceiro.-As táboas salariais aprobadas terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 2002, e servirán de base para aplica-lo incremento salarial que se pacte para o ano 2002.

Cuarto.-Acórdase, finalmente, remitir esta acta, xunto cas táboas salariais anexas, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde esta acta, que os asistentes firman, en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.

Asdo.: Ildefonso Bourio Paz. Julio Blanco Cadahía. Nivardo Rego Valle. Ignacio Pérez de Oliveira. Lourdes García Regueira. Genaro Saavedra López. José Luis Combarro Infantes. Manuel José Fernández Rodríguez. Adolfo Mosteirín Turia. Pedro Sanjurjo Laster. José Luis López Álvarez. Francisco Cazón Pardo.

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio

do metal da provincia de Lugo

Vixencia: 1-1-2001 ó 31-12-2001.

(Revisión con efectos do 1-1-2002).

Categoría

profesional

SoldoComple.

mensual

Comple.

compens.

ano

Total

anual

Grupo I
Titulado grao superior796,4529,07414,0012.709,59
Titulado grao medio716,7729,07373,8011.474,19

Grupo II
Director851,1729,07441,6013.557,99

Categoría

profesional

SoldoComple.

mensual

Comple.

compens.

ano

Total

anual

Xefe de división783,9429,07407,5512.515,49
Xefe de persoal770,5229,07400,8012.307,44
Xefe de compras770,5229,07400,8012.307,44
Xefe de vendas770,5229,07400,8012.307,44
Encargado xeral770,5229,07400,8012.307,44
Xefe de sucursais716,4529,07373,5011.469,09
Xefe de almacén716,4529,07373,5011.469,09
Xefe de grupo689,9529,07360,3011.058,39
Encargados de establecemento, vendedor, comprador, poxador671,0729,07350,8510.765,74
Viaxante654,9329,07342,6010.515,39
Corredor de praza649,6129,07339,9010.432,89
Dependente636,1929,07333,1510.224,84
Dependente maior696,6729,07363,4511.162,34
Axudante616,6829,07323,25 9.922,29

Grupo III
Director851,1729,07441,6013.557,99
Xefe de división783,9429,07407,5512.515,49
Xefe administrativo732,8629,07381,9011.723,64
Analista de ordenador636,1929,07333,1510.224,84
Contable654,9129,07342,4510.514,94
Caixeiro654,9129,07342,4510.514,94
Oficial administrativo e operador de máquinas contables636,1929,07333,1510.224,84
Auxiliar administrativo perforista616,6829,07323,25 9.922,29
Aspirante de 16 a 18 anos459,8529,07234,15 7.480,74
Auxiliar de caixa626,3729,07328,0510.072,44

Grupo IV
Xefe de sección de servicios689,9129,07360,3011.057,79
Xefe de taller716,4529,07373,5011.469,09
Profesional oficio de 1ª616,6829,07323,25 9.922,29
Profesional oficio de 2ª616,6829,07323,25 9.922,29
Profesional oficio de 3ª616,6829,07323,25 9.922,29
Chofer616,6829,07323,25 9.922,29
Capataz616,6829,07323,25 9.922,29
Mozo especializado616,6829,07323,25 9.922,29
Mozo616,6829,07323,25 9.922,29

Grupo V
Cobrador616,6829,07323,25 9.922,29
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro616,6829,07323,25 9.922,29
Persoal de limpeza (hora) 3,33 49,95

ANEXO III

Complemento ex antigüidade

(Complemento ex antigüidade por cada ano

de servicio ata o 31-12-1998)

Vixencia: 1-1-2001 ó 31-12-2001.

(Revisión con efectos do 1-1-2002).

Categoría profesionalMensualAnual

Grupo I
Titulado grao superior9,96149,40
Titulado grao medio8,95134,25

Grupo II
Director10,64159,60
Xefe de división9,81147,15
Xefe de persoal9,63144,45
Xefe de compras9,63144,45
Xefe de vendas9,63144,45
Encargado xeral9,63144,45
Xefe de sucursais8,95134,25
Xefe de almacén8,95134,25
Xefe de grupo8,62129,30
Encargados de establecemento, vendedor, comprador, poxador8,40126,00
Viaxante8,19122,85
Corredor de praza8,13121,95
Dependente7,96119,40
Dependente maior8,71130,65
Axudante7,70115,50

Grupo III
Director10,64159,60
Xefe de división9,81147,15
Xefe administrativo9,16137,40
Analista de ordenador7,96119,40
Contable8,19122,85
Caixeiro8,19122,85
Oficial administrativo e operador de máquinas contables7,96119,40
Auxiliar administrativo perforista7,70115,50
Aspirante de 16 a 18 anos5,7486,10
Auxiliar de caixa7,83117,45

Categoría profesionalMensualAnual

Grupo IV
Xefe de sección de servicios8,62129,30
Xefe de taller8,95134,25
Profesional oficio de 1ª7,70115,50
Profesional oficio de 2ª 7,70115,50
Profesional oficio de 3ª 7,70115,50
Chofer7,70115,50
Capataz7,70115,50
Mozo especializado7,70115,50
Mozo7,70115,50

Grupo V
Cobrador7,70115,50
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro7,70115,50
Persoal de limpeza (hora)0,040,60