Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 217/2002, do 6 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Narón (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación dunha parcela destinada ó Colexio Público Ponte de Xubia.

O Concello de Narón, en sesión que tivo lugar o día vinteoito de setembro de dous mil un, aprobou

o proxecto de expropiación dunha parcela destinada ó Colexio Público Ponte de Xubia, e na sesión do vinteseis de abril de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Narón foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vinteoito de maio de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vintecatro de maio de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala o Concello de Narón con motivo da realización das obras do proxecto de rehabilitación ambiental do borde marítimo na ría de Ferrol, promovido pola Autoridade Portuaria de Ferrol, víronse afectados os terreos que estaban destinados a lugar de recreo dos alumnos do colexio Ponte de Xubia, polo que se fai necesaria a actuación para poder dar continuidade ás actividades de recreo destes, en substitución dos afectados polas obras anteriormente citadas.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Narón para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de expropiación dunha parcela destinada ó Colexio Público Ponte de Xubia.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais