Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (146/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 146/2002, seguidos pola instancia de Víctor González Mayo contra Arena Todo Construcción, S.L. y Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 24-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensión da demanda, e cualifico como imporcedente o despedimiento obxecto deste proceso e condeno á empresa Arena Todo Construcción, S.L. a que readmita inmediatamente a Víctor González Mayo nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección do empresario, a que faga o pagamento á parte demandante dunha indemnización de 1.197,25 euros.

A dita opción deberá exercerse no prazo de 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Se transcorre dito prazo sen que o patrón opte, entenderase que procede a reamisión.

Calquera que fose a súa elección, condeno así mesmo á parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non percibiu desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascende á cantidade de 3.576,58 euros.

E debo absorver e absolvo ó Fogasa das pretensión do demandante sen prexuízo da responsabilidade legal prevista no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución e que se é o caso será resolto, cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A empresa condenada deberá acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacinos dete xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramente mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Arena Todo Construcción, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Zaragoza, s/n, O Petón, Meicende, Arteixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado