Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (72/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 72/2002 seguidos pola instancia de Alfonso Durán Crespo e outros contra Instalaciones Eléctricas

Carlos Núñez, S.L. e outras sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 24-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e debo condenar e condeno solidariamente as empresas Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez Alonso, S.L., Arena Todo Construcción, S.L. e Alpe Obras y Proyectos, S.L. a que se readmitan inmediatamente a Alfonso Durán Crespo, Orlando Doce Fustes, Andrés Pedre Fustes e a Miguel Durán Casanova nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección do patrón, a que fagan o pagamento solidariamente ós actores das seguintes cantidades polo concepto de indemnización:

Alfonso M. Durán Crespo: 4.264,85 euros.

Orlando Doce Fustes: 2.817,62 euros.

Miguel Durán Casanova: 4.087,97 euros.

Andrés Pedre Fustes: 1.693,52 euros.

A dita opción deberá exercerse no prazo de 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Se transcorre o dito prazo sen que o patrón opte, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a súa elección, condeno así mesmo á parte demandada que satisfaga á demandante os salarios que non percibiu desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascende ás seguintes cantidades (descontando o período de 4-3-2002 a 27-3-2002 para Alfonso Moisés Durán Crespo, Miguel Durán Casanova e Andrés Pedre Fustes):

Alfonso M. Durán Crespo: 3.853,92 euros.

Orlando Doce Fustes: 4.583,25 euros.

Miguel Durán Casanova: 3.694,08 euros.

Andrés Pedre Fustes: 3.779,55 euros.

E debo absolver e absolvo a Núñez Alonso Actividades, S.L. das pretensións dos demandantes así como ó Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria prevista no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, e que se é o caso será resolto, cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a res

ponsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na praza da Palloza, 2-1º, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado