Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (440/2001).

Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fai saber que nos autos de xuízo verbal número 440/2001 por instancia de María Pilar Lombos Martínez, a quen representa a procuradora Rosario Castro Cabezas, contra Indalecio Carro Carro, se dictou con data do 25 de marzo de 2002, sentencia que na súa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido que estimando a demanda deducida pola procuradora Rosario Castro Cabezas en nome e representación de María del Pilar Lombos Martínez condeno a Indalecio Carro Carro a abandonar e deixar á disposición do demandante a vivenda sita no piso 2º dereita do número 49 da r/ Virxe do Camiño de Pontevedra, baixo apercibimento de lanzamento noutro caso, así como ó pagamento das custas do proceso. Así por esta miña sentencia, da que se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Recursos. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación, mediante a presentación en prazo de cinco días hábiles seguintes ó da notificación desta sentencia, de escrito de preparación. Seguen as sinaturas e a publicación.

E para que sirva de notificación de sentencia ó demandado en paradoiro descoñecido e en situación de rebeldía Indalecio Carro Carro, expido e asino este edicto en Pontevedra o 25 de marzo de 2002.

O maxistrado-xuíz

Rubricado