Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.535

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (602/2001-P).

Manuel Ferreiro González, secretario de sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña,

Certifico que na apelación civil nº 602/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Betanzos, se dictou sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

Rolo: recurso de apelación 602/2001-P.

Xulgado de Primeira Instancia número tres de Betanzos.

Número 73.

A Coruña, vintedous de febreiro de dous mil dous.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidente, Luis Barrientos Monge, María Dolores Fernández Galiño, maxistrados

En nome do Rei

Pronunciarion a seguinte sentencia:

«No recurso de apelación civil número 602/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Betanzos, sobre acción de división cousa común no xuízo de menor contía número 21/97 entre partes, dunha e como apelante os demandados María del Carmen Bouzas Posse e José Antonio Bouzas Posse representados polo procurador Sr. Pardo Fabeiro e defendidos polo letrado Sr. José Luis López Mosteiro (ambos demandados compareceran como herdeiros da demandada falecida Carmen Eulalia Posse del Río), como demandados apelados declarados en situación procesual de rebeldía herdeiros descoñecidos e incertos de Carmen Eulalia Posse del Río con quen se entenderon nas sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal, e da outra como apelado os demandantes Ofelia del Amo Pol, Mariano Franco del Amo, Julio Franco del Amo e Francisco José Franco del Amo representado pola procuradora Sra. Gómez Cortés e defendidos polo letrado José Pablo Ferrero Ferrero. É ponente María del Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos.

Que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola xuíza de Primeira Instancia número tres de Betanzos, xuízo de maior contía nº 21/97, debemos confirmar e confirmámo-la dita sentencia e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste, expido e asino este adicto na Coruña, vintecinco de marzo de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA