Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.655

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Naviera Mar de Ons, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Naviera Mar de Ons, S.L., con nº de código 3603322, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-6-2002, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa e, da parte social, polos delegados de persoal, con data do 5-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para o persoal da empresa Naviera Mar de Ons, S.L.

TÍTULO I

Condicións preliminares e xerais de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio é de aplicación á empresa Naviera Mar de Ons, S.L., o seu persoal de flota e terra nas rías de Vigo e Pontevedra e nos servicios que este persoal preste nas demais rías galegas nos supostos recollidos no artigo 27º.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor no momento do seu asinamento e o seu remate será o 31 de decembro de 2003. Para tódolos efectos, os conceptos económicos terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2002. Os atrasos xerados polo carácter retroactivo deste convenio aboaranse na nómina do mes seguinte ó seu asinamento.

Artigo 3º.-Prórroga.

De non mediar denuncia por calquera das partes cos requisitos expresados no artigo seguinte, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano a partir do 1 de xaneiro de 2004 nos seus propios termos.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio poderá efectuala calquera das partes e deberá formularse cunha antelación mínima de dous meses ó remate da súa vixencia ou de calquera das prórrogas, de forma escrita, con entrega da denuncia á outra parte, e remitíndolle copia á autoridade laboral.

Denunciado o convenio e vencido o prazo da súa vixencia, seguirá aplicándose este ata canto non se logre acordo expreso, de conformidade co estipulado na Lei do Estatuto dos traballadores. Ó vencemento do convenio, os conceptos económicos (salario base, horas extras, pagas extraordinarias, complemento de transporte, axudas de custo e complemento de utensilios e roupa) incrementaranse no importe do IPC do exercicio vencido, a conta do acordo económico

global que se acorde no momento do asinamento do seguinte convenio.

As partes comprométense a constituí-la mesa negociadora no mes seguinte ó vencemento do convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos este convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non se poderá pretende-la aplicación dunha ou varias das súas cláusulas, rexeitando o resto, senón que sempre terá que ser observado e aplicado na súa totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, facendo uso das súas facultades, non dese a súa aprobación a algún dos pactos deste convenio, este quedaría sen efecto, debendo procederse á reconsideración do artigo ou artigos.

Artigo 6º.-Cláusula de compensación e absorción.

As condicións económicas de índole salarial contidas neste convenio serán consideradas como un todo orgánico e indivisible e nesta forma global poderán ser compensadas ou absorbidas en cómputo anual coas que anterior ou posteriormente puidesen existir, sobre os mínimos regulamentarios, calquera que fose a súa orixe ou denominación, sempre que teñan natureza salarial.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade a este convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas das que se establezan, deberá conservalas.

Artigo 8º.-Concorrencia de normas.

En todo o non recollido neste convenio aplicarase a lexislación aplicable ó sector. En caso de contradicción entre dúas ou máis normas, prevalecerá a de maior rango normativo.

TÍTULO II

Réxime económico

Artigo 9º.-Retribucións.

Os salarios dos traballadores (salario base e pagas extraordinarias) serán revisados durante os anos 2002 e 2003, sobre a táboa salarial de 2001, da maneira seguinte.

Ano 2002: IPC 2001(2,7%)+2,174%.

Ano 2003: IPC 2002+(2,073% revisado en % IPC 2002).

O incremento de cada ano, que excede o importe do IPC do exercicio anterior, irá engrosando, por partes iguais, ambas pagas extraordinarias ata que estas igualen o salario base. Segundo a táboa salarial vixente no exercicio 2001, o referido incremento debe supoñer no caso da categoría de piloto a equiparación no ano 2003 da paga extraordinaria ó importe do salario base do exercicio 2001 revisado no IPC dos anos 2001 e 2002.

Para o resto das categorías suporá unha revisión salarial equivalente en termos porcentuais; unha vez igualadas as pagas extraordinarias ó salario base,

o incremento engrosará por partes iguais as catorce pagas anuais.

En caso de que na data do 31 de decembro de 2002 o IPC do ano 2002 rexistrase un aumento superior ó IPC do ano 2001 (2,7%), efectuarase unha revisión salarial, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2002, sobre tódolos conceptos retributivos, pola diferencia entre o IPC real do ano 2002 e o referido 2,7%. O importe resultante aboarase nunha soa paga durante o mes seguinte ó da publicación deste dato.

Esta garantía rexerá mesmo para o incremento do 2,174% establecido como revisión que engrosará as pagas extraordinarias do exercicio 2002 e que é resultante de revisar no IPC 2001 un incremento do 2,1168%.

Análoga garantía establécese para o exercicio 2003 respecto ó IPC de exercicio 2002 tomado como referencia para a revisión salarial dese exercicio. En caso de que a data do 31 de decembro de 2003 o IPC do ano 2003 rexistrase un aumento superior ó IPC do ano 2002, efectuarase unha revisión salarial, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2003, sobre tódolos conceptos retributivos, pola diferencia entre o IPC real do ano 2003 e o I.C. 2002. O importe resultante aboarase nunha soa paga durante o mes seguinte ó da publicación deste dato.

A empresa comprométese a ingresa-las nóminas de tódolos traballadores nas entidades bancarias co tempo suficiente para que os traballadores poidan dispor dela durante os cinco primeiros días de cada mes.

Artigo 10º.-Salario base.

Os salarios base dos traballadores para os anos 2002 e 2003 son os sinalados na táboa que figura no anexo I.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir en concepto de gratificación extraordinaria dúas pagas que se farán efectivas, a primeira o día 15 de xullo e a segunda o día 15 de decembro segundo o recollido no anexo I.

As gratificacións extraordinarias serán iguais ó salario base no ano 2003 para cada categoría profesional.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

A empresa estará obrigada a cubrir unha folla mensual de horas extras realizadas polo cadro de persoal, entregándolle copia ós representantes legais dos traballadores.

O valor da hora extra vén indicado para o ano 2002 no anexo I

Para o ano 2003 as horas extras terán unha suba na mesma porcentaxe cá hora ordinaria.

Á elección do traballador, a realización de horas extras remunerarase economicamente, ou compen

sarase en tempos equivalentes de descanso, esta elección comunicaráselle á empresa coa debida antelación.

Nos servicios realizados fóra das liñas Vigo-Moaña e Vigo-Cangas que se prolonguen máis alá das 23 h, para efectos da súa retribución, computaranse como dobres as horas realizadas a partir das 22.30 h.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Cada traballador percibirá un complemento de transporte segundo o establecido no anexo I.

O complemento de transporte revisarase no 2003 no importe do IPC do exercicio 2002.

Artigo 14º.-Utensilios e roupa.

Cada traballador percibirá unha cantidade por este concepto de 89 A anuais que cobrará nunha soa vez no mes de agosto.

Esta cantidade para o ano 2003 incrementarase no IPC do ano 2002.

Artigo 15º.-Festivos.

Son aqueles días que se fixan no calendario laboral en vigor cada ano.

O traballador con descanso semanal que coincida en día festivo, percibirá un complemento salarial equivalente ó importe do seu salario base diario ou, á elección do traballador, un descanso equivalente (terá efecto retroactivo con data 1-1-2002).

Artigo 16º.-Desprazamento.

Para os desprazamentos á ría de Pontevedra e Baiona, a empresa facilitará o transporte ó persoal, cando haxa unha mobilidade xeográfica fóra das liñas regulares permanentes da ría de Vigo, a empresa facilitará igualmente o transporte.

Artigo 17º.-Quebranto de moeda.

Para o personal embarcado que realice tarefas de cobrador establecerase un quebranto de moeda de 0,65 A por cada día que efectúen os ditos labores.

Para o persoal de despacho de billetes establécese un quebranto de moeda de 11 A/mes. Para os traballadores do despacho de billetes ás illas Cíes quedará establecido en 39 A/mes na temporada de verán.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Se os traballadores tivesen que realizar comidas ou ceas por orde de servicio ou pernoitar fóra do seu domicilio, percibirán as seguintes axudas de custo:

Xantar: 9,95 A.

Cea: 9,95 A.

Aloxamento: 23,11 A.

Tódolos servicios que non sexan servicio regular ordinario iniciados a partir das 22.30 h ou calquera que se prolongue máis alá das 24 h xeran unha axuda de custos de cea.

Para o ano 2003 estas cantidades incrementaranse no IPC do ano 2002

Estas cantidades aboaranse de forma anticipada.

En caso de que se orixinasen gastos maiores de contía razoable, deberanse xustificar previamente á empresa. Estes gastos aboaranse á presentación das correspondentes facturas.

Artigo 19º.-Baixa médica (IT).

Se por accidente de traballo, enfermidade común ou profesional houber lugar a hospitalización, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario real mentres dure a situación de hospitalización.

En caso de baixa por accidente de traballo sen hospitalización, superior a unha semana, e co límite de dous meses, aplicarase a este suposto o previsto no parágrafo anterior.

En caso de baixa por accidente laboral que supere os dous meses, a empresa e o comité de empresa, poderán acorda-la prórroga da prestación do 100% do salario real, segundo a situación persoal do traballador de baixa.

TÍTULO III

Cuestións laborais e sociais

Capítulo I

Artigo 20º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais en cómputo de 28 días equivalente a 1.800 horas anuais.

Todo o que pase destas horas considéranse horas extraordinarias.

Salvo razóns non imputables ó traballador, o persoal asume o compromiso de operatividade na primeira saída do día e na chegada do buque.

* Oficina.

-Luns a venres:

Mañá: 9 h a 14 h.

Tarde: 17 h a 20 h.

* Despacho de billetes Vigo/Cangas.

-Luns a sábados:

Cangas:

Mañá: 5.40 h a 14 h.

Tarde: 14 h a 22 h.

Vigo:

Mañá: 6.15 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h a 22.30 h.

-Domingos e festivos:

Cangas:

Mañá: 7.45 h a 14 h.

Tarde: 14 h a 22 h.

Vigo:

Mañá: 8.15 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h a 22.30 h.

* Despacho de billetes Moaña:

-Luns a venres: 6.45 h a 10 h.

* Quenda de garda (vixilantes):

-Luns a sábado:

Vigo: 22.30 h a 6.30 h.

Cangas: 22 h a 6 h.

-Domingos:

Vigo: 22.30 h a 8.30 h.

Cangas: 22 h a 8 h.

* Porto (tripulación retén).

-Luns a venres:

Mañá: 8 h a 13 h.

Tarde: 15 h a 18 h.

* Liña Vigo-Cangas:

-Luns a venres:

1º barco:

Mañá: 5.30 h a 14 h.

Tarde: 14 h a 23 h.

2º barco:

Mañá: 6.30 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h. a 22.30 h.

-Sábados:

1º barco:

Mañá: 5.30 h a 14 h.

Tarde: 14 h a 23 h.

2º barco (temporada de verán):

Mañá: 8 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h a 22.30 h.

-Domingos e festivos:

1º barco:

Mañá: 7.30 h a 14 h.

Tarde: 14 h a 23 h.

2º barco (temporada de verán):

Mañá: 8 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h a 22.30 h.

* Liña Vigo-Moaña:

Mañá: 5.30 h a 14.30 h.

Tarde: 14:30 h. a 23 h.

-Domingos e festivos

Mañá: 7.30 h a 14.30 h.

Tarde: 14.30 h a 23 h.

* Liña ás illas Cíes:

-Persoal embarcado:

Horarios:

Entrada entre as 8 h e as 10 h.

Parada para as comidas de dúas horas, no intervalo comprendido entre as 13 h e as 16 h.

A xornada laboral diaria nunca será inferior a oito horas e rematará cando o barco estea atracado tralo último servicio.

Persoal de despacho de billetes.

Horarios.

Entrada entre as 8.30 e as 10.30 h.

Parada para a comida de hora e media no intervalo comprendido entre as 13 e as 16 h.

A xornada rematará media hora máis tarde da saída do último barco do seu despacho de billetes ás illas Cíes.

O servicio prestarase en réxime de xornada partida para o persoal de oficina e tripulación de retén e continuada para o persoal adscrito ás liñas de Vigo-Cangas e Vigo-Moaña, tanto de despacho debilletes, como tripulacións.

En calquera caso, no persoal de xornada continua, respectaranse dous descansos por quenda, de 10 minutos cada un, sen que estes trastornen os servicios prestados pola empresa.

Para o persoal embarcado, polo menos un dos dous días de descanso semanal coincidirá en sábado ou domingo, sendo estes equitativos.

As quendas de traballo do persoal embarcado das liñas Vigo-Cangas e Vigo-Moaña serán rotativos, de forma que unha xornada se realizará pola tarde e a seguinte pola mañá e así sucesivamente.

Para o persoal de despacho de billetes a repartición de días de descanso realizarase de forma equitativa en tres quendas, de forma que, en ciclos de tres semanas, nunha semana os días de descanso coincidan en sábado e domingo e nas dúas semanas restantes o descanso se desfrute de luns a venres.

Estas quendas manteranse ata o día 30 de setembro de 2002. A partir desta data a empresa comprométese á revisión das quendas de despacho de billetes quedando as quendas de descanso como seguen: en tres quendas rotativas, a primeira e segunda quenda desfrutarán dun día de descanso en sábado e domingo e un día de descanso de luns a venres; o terceiro desfrutará ou ben de dous días de descanso consecutivos de luns a venres ou ben de dúas medias xornadas e unha completa de descanso.

Artigo 21º.-Recadación.

Os traballadores do despacho de billetes, así como tamén calquera outra persoa que realice esta ou similar función, están obrigados a entregar diariamente a liquidación da recadación do día ó remate do servicio, sendo esta recibida por persoa autorizada e asinando o recibín. En todo caso, nos supostos en que polo horario de finalización da xornada isto non puidese ser, os traballadores do despacho de billetes disporán de urnas individuais para poder deposita-las liquidacións da recadación para posteriormente ser retiradas co conseguinte recibín.

Artigo 22º.-Vacantes en postos de terra.

Cando se produzan vacantes nos postos de terra daráselle preferencia para ocupar estes ós traballadores da empresa, sempre que teñan a cualifi

cación adecuada, e nas condicións económicas da nova categoría.

Artigo 23º.-Traballos de categoría superior.

A realización de traballos de categoría superior dá dereito ó soldo e demais condicións de traballo do persoal da dita categoría.

A realización destes traballos durante un período de 5 meses nun ano ou 7 en dous anos dá dereito á consolidación na categoría superior e en todas as condicións de traballo.

Para a consolidación da categoría, o soldo e demais condicións de traballo necesitarase do título correspondente.

En caso de que en futuros embarques non existise posto similar ó xa consolidado, ocupará o seu posto primitivo pero coas condicións económicas da categoría superior xa consolidada.

Artigo 24º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais para todo o persoal da empresa.

Na confección do calendario de vacacións participarán a empresa e a representación dos traballadores co fin de que exista unha repartición equitativa. Farase público con dous meses de anterioridade ó desfrute das vacacións. As vacacións fixadas no calendario laboral corresponderanse co ano natural para o que se confeccionou aquel.

O día do seu comezo non poderá coincidir cun día festivo nin outro que correspondese a un día de descanso sinalado para o traballador.

Os traballadores dunha mesma categoría profesional poderán cambiar entre si o seu calendario de vacacións logo de notificación á empresa e aceptación por parte dela.

Artigo 25º.-Licencias.

O traballador, avisándoo con antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos e o tempo que a seguir se expoñen.

Matrimonio: 18 días.

Nacemento de fillos: 4 días.

Enfermidade grave, hospitalización ou morte de familiares ata 2º grao: 2 días (4 días se fose preciso desprazamento).

Enfermidade grave de esposa e fillos: 4 días (8 días se fose preciso desprazamento).

Morte de cónxuxe e fillos: 10 días.

Morte de pais, mesmo políticos: 4 días.

Morte de irmáns: 4 días.

Cambio de domicilio: 2 días.

En caso de urxencia poderá presenta-lo xustificante no prazo de 48 horas despois de regresar ó posto de traballo.

As referencias que neste artigo fai ó cónxuxe entenderanse feitas así mesmo ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada conviva co traballador.

Artigo 26º.-Permutas ou cambio de quenda.

Cando os traballadores soliciten a permuta no seu posto de traballo, da súa mesma categoría profesional, xuntarán á solicitude un prego razoado das causas que motiven tal petición. A empresa, se isto é posible, accederá ó solicitado.

Artigo 27º.-Traslados.

Non haberá mobilidade xeográfica fóra das rías de Vigo e Pontevedra, agás que o traballador o acepte voluntariamente.

Nos supostos de xiras ou servicios que se prestarán nas demais rías galegas, se non houber voluntarios para atender estas xiras ou servicios acéptase unha mobilidade xeográfica non superior a 7 días por traballador e ano. Os gastos de locomoción e axudas de custo serían por conta da empresa.

Artigo 28º.-Excedencias.

Tódolos traballadores terán dereito a que lles sexa concedida a excedencia nos seguintes supostos:

Todo traballador con máis dun ano de antigüidade na empresa poderá solicitar unha excedencia por un prazo non inferior a 1 ano, nin superior a 5 anos.

Solicitarase por períodos determinados, podéndose prorrogar, unha soa vez, a petición do interesado ata o máximo de 5 anos.

Así mesmo, o traballador poderá solicitar licencia para atender asuntos persoais, xustificándoo adecuadamente ante a empresa, por un período máximo de 6 meses ou por calquera outra causa razoada, polo mesmo período, co visto e prace do comité da empresa. Estas licencias, sen prexuízo do recollido no artigo 24º, non terán dereito a retribución de ningunha clase.

Artigo 29º.-Período de proba.

O período de proba, que se concederá sempre por escrito, non poderá ser superior a:

Titulados: 2 meses.

Non titulados: 1 mes.

Artigo 30º.-Promoción e formación profesional no traballo.

O traballador terá dereito:

1. Desfrute dos permisos necesarios para acudir a exames cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional. Dándolle preferencia a elixir quenda de traballo se ese réxime é o establecido.

2. Á adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou á concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional, con reserva do posto de traballo. O traballador avisará cun mes de antelación. Estes permisos só serán retribuídos no

caso de cursos de formación ou perfeccionamento profesional obrigatorios para o desempeño do seu cargo na empresa. No caso de non aproveitamento académico, os permisos para a repetición do curso serán por conta do traballador.

3. Unha vez feita a debida solicitude polo traballador e sempre e cando a necesidade do servicio e a empresa o considere conveniente, tódalas solicitudes de permiso se atenderán tendo en conta as necesidades profesionais e a antigüidade do peticionario seguindo a orde de recepción das peticións, ata completar un tope, establecido nun traballador por categoría ou tres no total do cadro de persoal de forma simultánea.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá os traballadores do vestiario preciso para verán e inverno, consistente en:

2 pantalóns verán

2 pantalóns inverno

2 camisas verán

2 camisas inverno

1 xersei inverno

1 xersei verán

1 par de guantes de manobra

1 roupa de augas

1 par de botas de auga no caso dos mariñeiros

1 peza de abrigo

1 funda (mecánicos)

Todo o vestiario será entregado anualmente a principio de temporada, excepto os guantes, as botas, as roupas de augas e a peza de abrigo, que serán repostos logo da entrega dos anteriores deteriorados.

No caso de discrepancia sobre algún caso, aplicarase o que diga o presidente do comité de empresa para a reposición da peza.

Artigo 32º.-Perda de equipaxe.

En caso de perda de equipaxe da dotación do buque por naufraxio, incendio ou calquera outra causa, e que supoña perda total, a empresa aboará como compensación a cantidade de 150,25 A en porto interior e 601,01 A en saídas ó mar.

Artigo 33º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de accidentes para os traballadores por accidente laboral coas seguintes condicións:

a) Invalidez permanente total para a profesión habitual, invalidez permanente absoluta e/ou gran invalidez: 39.065 A.

b) Morte por accidente laboral (incluído in itinere): 39.065 A.

Artigo 34º.-Seguro de responsabilidade civil.

A empresa subscribirá unha póliza de responsabilidade civil que cubra calquera reclamación civil derivada das accións dos seus empregados no desenvolvemento da súa actividade. Igualmente disporá de asesoría xurídica para a defensa de calquera

empregado por eventuais responsabilidades xurdidas do normal desempeño do seu cargo.

Artigo 35º.-Creación de emprego.

Cando se produza unha vacante nun posto de categoría superior, este poderá ser cuberto por un traballador fixo da empresa que reúna as condicións esixidas para este posto, debendo este solicitalo por escrito, tendo preferencia dentro de cada categoría o que teña maior antigüidade. A empresa, en todo caso, non virá obrigada a mante-lo mesmo número de traballadores.

Capítulo II

Comisión paritaria-Comité de seguridade e hixiene

Artigo 36º.-Cláusula de interpretación-comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la interpretación deste convenio colectivo crearase unha comisión de seis membros, dos cales tres serán designados pola representación da empresa e os outros tres en representación dos traballadores nomeados polo comité de empresa de entre os membros da comisión negociadora do convenio por ámbalas partes.

As partes someterán cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos, puidesen derivarse da interpretación ou aplicación do convenio, a esta comisión, que resolverá o que proceda no prazo máximo de dez días, debendo reunirse non máis tarde de 72 horas despois de cada requirimento polas partes.

Artigo 37º.-Seguridade e hixiene.

Aplicarase todo o referente ás leis ou normativa vixente, especialmente no nomeamento dos delegados de seguridade e na obriga de cumpri-las súas recomendacións.

Capítulo III

Acción representativa e sindical

Artigo 38º.-Dereitos e funcións do comité de empresa.

1. O comité de empresa terá as seguintes competencias: (artigo 64 ET).

1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa, así como acerca das previsións do empresario sobre a celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, incluídos os contratos a tempo parcial, da realización de horas complementarias polos traballadores contratados a tempo parcial e dos supostos de subcontratación.

2. Recibi-la copia básica dos contratos a que se refire a alínea a) do punto 3 do artigo 8º e a notificación das prórrogas e das denuncias correspon

dentes a estes, no prazo dos dez días seguintes a que tivesen lugar.

3. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.

4. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

e) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

5. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

6. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

7. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

8. Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilicen.

9. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas nesta orde polo artigo 19 desta lei.

10. Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

11. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

12. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinalados neste número un en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité a teor das competencias recoñecidas nos puntos 4 e 5 e do número 1 anterior, deben elaborarse no prazo de quince días.

Artigo 39º.-Capacidade e sixilo profesional (artigo 65 ET).

1. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós parágrafos 1, 2, 3, 4 e 5 do punto 1 do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.

Artigo 40º.-Exercicio do cargo.

A designación para un cargo sindical faculta o seu titular a exercelo libremente por toda a duración do seu mandato.

Artigo 41º.-Rerserva de horas para asuntos sindicais.

Cada membro do comité de empresa disporá dunha reserva de horas de ata 15 horas mensuais para os seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos e, en xeral, a calquera clase de reunións que fosen convocadas polo seu sindicato.

b) Participación a seminarios, cursos de actividades de carácter informativo pola central sindical á que pertenzan.

c) Actos de xestión que deban realizar por razón das súas obrigas como membros do comité de empresa.

Non se incluirá no cómputo das horas o tempo empregado en actuacións ou reunións levadas a cabo por iniciativa do empresario e participación en órganos de colaboración, convenios e outros de análoga natureza.

Para a asistencia dos membros do comité de empresa a cursos de formación sindical concederase permiso con cargo ás súas horas sindicais, acumulándose as horas sindicais ata dous meses no suposto de que non alcanzase para a duración do curso as horas do mes en que este se celebre.

Esta situación deberá ser posta en coñecemento da empresa dentro do mes inmediato anterior.

Nesta situación non poderán coincidir dúas persoas da mesma categoría profesional.

Artigo 42º.-Dereito de asemblea.

O comité de empresa, ou os traballadores, coa sinatura de polo menos o 33% do cadro de persoal, poderán convoca-la asemblea, logo de aviso á empresa con dous días de antelación, acordando con ela as medidas oportunas para que esta reunión se produza de maneira que cause os menores prexuízos á empresa.

Artigo 43º.-Lugar de reunión.

A empresa dotará os seus traballadores dun lugar adecuado para exerce-lo seu dereito a reunións e asembleas, podendo usa-lo dito efecto os buques da empresa.

A empresa facilitará, se isto é posible, un local e os medios adecuados para permitir desenvolve-lo labor dos membros do comité de empresa.

Disposicións adicionais

Cobertura de imprevistos.

Se durante a xornada de descanso regulamentario dalgún traballador, este é chamado a cubrir algún imprevisto e de forma voluntaria aceptase, aboaráselle da seguinte forma:

-De 1 a 4 horas de traballo: 4 horas.

-De 4 horas en diante: as que correspondese.

Estas horas non poderán ser descontadas nin asimiladas ós servicios de liña regular.

Quendas de traballo e rotación.

A distribución das quendas de traballo farase de forma mensual entre as tripulacións do servicio regular, retén en porto e traballadores do despacho de billetes, a empresa fará unha distribución equitativa das quendas, entre tódolos traballadores, especialmente sábados e domingos, entregando copia destes así como das posibles modificacións ó comité de empresa cunha semana de antelación.

Estas quendas de traballo faranse nunha única folla para todo o persoal da empresa.

En Vigo o dous de maio de dous mil dous, aproban e subscriben o texto que antecede.

-Pola representación da empresa:

José Nacimento Soto

Rafael Bedia Ocejo

-Pola representación dos traballadores:

Manuel González González

Mª Ángeles García Fernández

Amadeo Cuiñas Fontao

Juan Balado Gómez

ANEXO I

Táboas salariais 2002

Categoría profesionalS. baseComplemento tr.Complemento vest.C. extr.H. extr.

Piloto1.169,5988,59891.003,328,91
Patrón maior cab.1.124,0288,5989968,478,57
Patrón cabotaxe1.041,2188,5989915,227,96
Mecánico 1ª1.063,5188,5989940,308,13
Mecánico 2ª983,4488,5989886,767,54
Patrón polivalente983,4488,5989886,767,54
Mariñeiro764,2088,5989720,586,48
Vixilante629,6188,5989626,765,91
Oficial 1ª admtvo.983,4488,5989886,767,54
Vendedor de billetes629,6188,5989626,765,91
Aux. adm.629,6188,5989626,765,91

Para os efectos do artigo 36.2º do Estatuto dos traballadores, faise constar que o salario dos vixilantes se estableceu atendendo a que o seu traballo é nocturno por natureza.

Táboas salariais 2003

(As cantidades establecidas a seguir serán revisadas no importe do IPC do ano 2002)

Categoría profesionalS. baseComplemento tr.Complemento vest.C. extr.H. extr.

Piloto1.169,5988,59891.169,599,10
Patrón maior cab.1.124,6488,59891.124,648,75
Patrón cabotaxe1.044,4288,59891.044,428,12
Mecánico 1ª1.067,5988,59891.067,598,30
Mecánico 2ª989,7388,5989989, 737,70
Patrón polivalente989,7388,5989989,737,70
Mariñeiro773,6988,5989773,696,61
Vixilante642,2588,5989642,256,03
Oficial 1ª admtvo.989,7388,5989989,737,70
Vendedor de billetes642,2588,5989642,256,03
Aux. adm.642,2588,5989642,256,03