O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relaciona, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002:
Pavimentación do camiño de Estorrentada-Freande e outros do Concello de Cambre, ano 2002. Orzamento: 194.533,01 euros, IVE incluído.
O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 150, do 2 de xullo do ano no que andamos.
Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello.
O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cambre, 3 de xullo de 2002.
P.D. (R.A. 23-7-1999)
Augusto Rey Moreno
Primeiro tenente do alcalde

