Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-10/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión do 3 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial do Campus Universitario de Elviña, incluída na área de planeamento incorporado G-14.01, promovida pola Universidade da Coruña.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Terceiro.-Notifica-lo promotor.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación aboaraos o seu promotor.

A Coruña, 8 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo