A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 21 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, el seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da actuación que se vai desenvolver no ámbito da área de planeamento específico H3.01, promovido pola xunta de compensación da Área de planeamento específico citada, coa condición de que con anterioridade ó comezo das obras de urbanización a promotora proceda a constituír fianza polo importe de 78.131,34 (setenta e oito mil cento trinta e un con trinta e catro) euros, en concepto de garantía de execución das obras de urbanización para cumprir co indicado no artigo 46.c do regulamento de planeamento.
Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.
Terceiro.-Notificar á xunta de compensación da Área de planeamento específico.
Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, de se-lo caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que
dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, de se-lo caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.
Os gastos desta publicación correrán a cargo do promotor do proxecto.
A Coruña, 27 de xuño de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

