Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión con data do 21 de maio de 2002, acordou:

1.-Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do Plan especial 2 da igrexa e zonas contiguas á ría do Burgo, que ten por obxecto introducir no devandito documento a modificación do PXOU que foi aprobada definitivamente polo Pleno Municipal en sesión do día 28 de agosto de 2001, e que afecta a ordenación e actuación prevista sobre unha parcela nas inmediacións da igrexa e sobre outra que na modificación se inclúe na delimitación da ZV-5, efectuando desta forma o axuste necesario entre os dous documentos.

2.-Que se proceda á publicación deste acordo no DOG e no BOP así como á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado de copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento aprobado debidamente dilixenciados.

3.-Determinar que o anterior acordo é firme en vía administrativa e pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 27 de maio de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo