Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data 19-6-2002, o proxecto de modificación puntual do PEPRI, que afecta exclusivamente ó inmoble número 20-22 da rúa Doutor Castro (unidade edificatoria 120623), promovido por Cormen Inversiones, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, nº 197), e presenta-las reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 26 de xuño de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria