Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data 19-6-2002, o cambio de sistema de actuación na unidade de actuación centro sur número 7 (rúa S. Roque, praza de Bretaña), do PXOU vixente, de cooperación por compensación, promovido por Olga Penela Fernández e outros.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, nº 197), e presenta-las reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 26 de xuño de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria

