En cumprimento da Orde do 7 de decembro de 1983 sobre ocupación urxente de bens de expropiacións en expediente instruídos polas CCLL publicada no DOG número 187, do 13 de decembro de 1983, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles o acordo do Pleno da Corporación do 28 de xuño de 2002 polo cal se aprobou
solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación de terreos para a construcción da EDAR de Noia.
Facer constar que a relación de bens e dereitos afectados pola devandita expropiación, así como titulares e valoración figura no proxecto de expropiación de terreos para a EDAR que xunto co proxecto de apertura de vía e explanación de parcela destinada a EDAR de Noia foron aprobados polo referido acordo plenario do 28 de xuño de 2002 que se somete a información pública.
Noia, 1 de xullo de 2002.
Rafael García Guerrero
Alcalde

